Xosé Carlos Sierra Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Carlos Sierra Rodríguez
Nacemento22 de marzo de 1950
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Valladolid
Ocupaciónhistoriador e político
editar datos en Wikidata ]

Xosé Carlos Sierra Rodríguez, nado en Pontevedra o 22 de marzo de 1950, é un historiador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Valladolid. Foi profesor axudante de Prehistoria e Antropoloxía no Colexio Universitario de Ourense e na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Desde 1985 pertence ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado. Foi conservador do Museo Etnolóxico de Ribadavia, do que foi despois director. Dirixiu o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e foi subdirector xeral de Museos e Patrimonio Histórico e Documental. En setembro de 2005 foi nomeado delegado da Consellería de Cultura e Deporte en Ourense e en 2008 secretario xeral da Consellaría de Cultura e Deporte[1].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Sobre la tecnología del Bronce Final en los talleres del N.O. hispánico, 1978.
  • El depósito del bronce final de Samieira, 1984.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]