Jacobo Barral Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xacobe Barral Otero»)
Infotaula de personaJacobo Barral Otero
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
O Grove, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jacobo Barral Otero, nado no Grove en 1906 e finado en Vigo o 15 de decembro de 1996,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño de Jacobo Otero Goday. Na Segunda República foi correspondente de El Pueblo Gallego no Grove e presidente do grupo local do Grove do Partido Galeguista. Logo da dimisión da anterior Corporación, foi nomeado xestor e elixido alcalde do Grove a finais de xuño de 1936[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra en Consello de guerra o 17 de novembro con Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, Miguel Mandiás Merino, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias[3], acusados de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Estivo preso en San Simón e logo foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona). A amizade con algunhas familias da burguesía viguesa permitiulle saír adiante durante o franquismo. Estableceuse na provincia da Coruña onde casou. Cao democracia encadrouse no Partido Galeguista e foi candidato do PNG-PG ás eleccións europeas de 1989.


Predecesor:
Baldomero Sanmartín González
 
Alcalde do Grove
 
1936
Sucesor:
Aquilino Cabezón Freire

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-12-1996, p. 40.
  2. Noticia en El Pueblo Gallego, 26-6-1936, p. 13.
  3. Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]