Anna Paquin
Anna Paquin | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Anna Paquin no San Diego Comic-Con de 2012. | |||||||||||
Nome completo | Anna Helene Paquin | ||||||||||
Nacemento | 24 de xullo de 1982 (37 anos) | ||||||||||
Lugar | Winnipeg ![]() | ||||||||||
Nacionalidade | Canadá e Nova Zelandia | ||||||||||
Educada en | Universidade de Columbia, Hutt Intermediate School, Raphael House Rudolf Steiner School e Windward School | ||||||||||
Cónxuxe(s) | Stephen Moyer | ||||||||||
Profesión | Actriz (1993-presente) | ||||||||||
| |||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||
Anna Helene Paquin, nada en Winnipeg (Canadá) o 24 de xullo de 1982, é unha actriz neozelandesa.
O primeiro filme co que acadou sona internacional foi The Piano, de Jane Campion, grazas ó que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria en 1994, cando tiña once anos, converténdose deste xeito na segunda persoa máis nova en acadar este premio. Despois do éxito en The Piano, a súa traxectoria como actriz colle folgos unha década máis tarde con papeis en filmes como She's All That, Almost Famous e X-Men, sendo neste último onde interpreta a Pícara, papel polo cal é amplamente coñecida.
Malia gañar o premio Oscar tan nova logrou manter unha carreira coherente e moita discreción na súa vida privada. Actualmente, Paquin conseguiu recoñecemento da crítica polo seu papel como Sookie Stackhouse na serie de True Blood e foi premiada co Globo de Ouro á mellor actriz en serie de televisión dramática no 2009.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É filla de Mary Paquin (Brophy, apelido de solteira) mestra de inglés nada en Nova Zelandia e do canadense Brian Paquin, mestre de educación física. Ten un irmán, Andrew (1977), e unha irmá, Katya (1980). Á idade de catro anos múdase coa súa familia a Lower Hutt en Nova Zelandia.
En 1995 prodúcese o divorcio dos seus pais e cando tiña 15 anos, trasládase coa súa nai aos Ánxeles para impulsar a súa carreira como actriz. Cando remata o instituto trasládase a Nova York, onde se matricula na Universidade de Columbia e asiste ás clases durante un ano, ata que decide deixar os estudos para continuar como actriz.
No 2001, adquire a nacionalidade neozelandesa, de xeito que posúe dobre nacionalidade canadense e neozelandesa, aínda que ela considérase abertamente neozelandesa.
Está casada co seu compañeiro do elenco de actores de True Blood, Stephen Moyer, que encarna o seu mozo na ficción. Anna e Stephen comezaron a saír pouco despois das audicións para a serie, pero non confirmaron a súa relación até febreiro de 2009. Seis meses despois anunciaron que estaban prometidos para casaren o 21 de agosto do seguinte ano en Malibú. Por mor da rodaxe de True Blood, Paquin trasladouse a Venice nos Ánxeles en 2007.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1993 | The Piano | Flora McGrath | |
1996 | Jane Eyre | Jane Eyre | |
1996 | Fly Away Home | Amy Alden | |
1997 | The Member of the Wedding | Frankie Addams | Telefilme |
1997 | Amistad | Sabela II de España | |
1998 | Hurlyburly | Donna | |
1998 | Castle in the Sky | Sheeta (voz) | |
1999 | It's the Rage | Annabel Lee | Telefilme |
1999 | She's All That | Mackenzie Siler | |
1999 | A Walk on the Moon | Alison Kantrowitz | |
2000 | X-Men | Pícara/Marie | |
2000 | Almost Famous | Polexia Aphrodisia | |
2000 | Finding Forrester | Claire Spence | |
2001 | Buffalo Soldiers | Robyn Lee | |
2002 | Darkness | Regina | |
2002 | 25th Hour | Mary D'Annunzio | |
2003 | X2 | Pícara/Marie | |
2004 | Steamboy | James Ray Steam (voz) | |
2005 | The Squid and the Whale | Lili Thorn | |
2005 | Joan Of Arc | Joan (voz) | Telefilme |
2006 | X-Men: The Last Stand | Pícara/Marie | |
2007 | Blue State | Chloe Hamon | |
2007 | Mosaic | Maggie Nelson (voz) | |
2008 | Trick 'r Treat | Laurie | |
2010 | Open House | Jennie | |
2010 | TheRomantics | Lila | |
2011 | Margaret | Lisa Cohen | |
2011 | Scream 4 | Rachel | |
2011 | The Carrier | Kim | Curtametraxe |
2013 | Straight A's | Katherine | |
2013 | Free Ride | Christina | |
2014 | X-Men: Days of Future Past | Rogue / Marie |
Televisión[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1997 | The Member of the Wedding | Frankie Adams | Telefilme |
2007 | Enterrádeme o corazón en Wounded Knee | Elaine Goodale | Telefilme |
2008 - actualidade | True Blood | Sookie Stackhouse | Protagonista |
2009 | The Courageous Heart of Irena Sendler | Irena Sendler | Telefilme |
2011 | Phineas and Ferb | Kristen (voz) | Episodio: "The Curse of Candace" |
2013 | Susanna | Katie | Protagonista; 6 episodios |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Paquin ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Anna Paquin na IMDb (en inglés).
|
- Actores de televisión de Nova Zelandia
- Actores de cine de Nova Zelandia
- Actores infantís de Nova Zelandia
- Actores de televisión do Canadá
- Actores de cine do Canadá
- Actores infantís do Canadá
- Actores de voz de Nova Zelandia
- Actores de voz do Canadá
- Nados en 1982
- Nados en Winnipeg
- Canadenses de ascendencia neerlandesa
- Canadenses de ascendencia francesa
- Canadenses de ascendencia irlandesa
- Canadenses de ascendencia neozelandesa
- Neozelandeses de ascendencia canadense
- Neozelandeses de ascendencia neerlandesa
- Neozelandeses de ascendencia francesa
- Neozelandeses de ascendencia irlandesa