Wolfram Alpha
Wolfram Alpha | |
---|---|
Fundación | 18 de maio de 2009 |
Matriz | Wolfram Research |
Localización | Estados Unidos |
Fundador | Stephen Wolfram |
Industria | Internet |
Produtos | Motor matemático |
Na rede | |
https://www.wolframalpha.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Wolfram Alpha é un motor computacional (CAS) desenvolvido por Wolfram Research. Wolfram é un servizo en liña que atopa respostas concretas baseadas en cálculos numéricos e información gardada en bases de datos, non en páxinas web ou documentos ligados.[1][2]
Wolfram Alpha baséase na plataforma computacional Mathematica, escrita polo científico británico Stephen Wolfram en 1988.
Visión xeral
[editar | editar a fonte]Wofram ofrece respostas concretas a preguntas feitas como as faría un humano. A páxina traballa como o faría unha investigación baseada en datos, sen traballar con datos semánticos. Wolfram pode responder a preguntas en inglés como "Cando naceu Obama?". A páxina dá a data como resposta en diversos formatos.
Tamén pode responder a preguntas como "Que idade tiña Picasso o 13 de xaneiro de 1945?":
age of picasso 1945 january 13
dando como respota: "63 years 2 months 19 days" (63 anos, 2 meses e 19 días).
Wolfram Alpha tamén pode xerar códigos QR:
qr code http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada
Cálculos matemáticos
[editar | editar a fonte]Wolfram inclúe parte das posibilidades matemáticas de Mathematica. O programa informático no que se basea o seu deseño.[3]
Wolfram Alpha está escrito en 15 millóns de liñas de código de Mathematica (empregando webMathematica e gridMathematica) o código execútase en 10.000 CPU (aínda que o número está a medrar dende o lanzamento).
Wolfram Alpha é quen de resolver cálculos matemáticos con integrais, derivadas, ecuacións, operacións con matrices, trigonometría ou representacións gráficas de funcións.
Por exemplo, dando como entrada:
- ,
devolve como solución
- .
A páxina ten un servizo Pro de pago por subscrición que permite facer operacións con táboas, imaxes, son, XML e ducias de formatos científicos especializados, formatos médicos, matemáticos e de análise automático.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About Wolfram|Alpha: Making the World's Knowledge Computable". wolframalpha.com. Consultado o 2015-11-25.
- ↑ Johnson, Bobbie (March 9, 2009). "British search engine 'could rival Google'". The Guardian. UK: Guardian News and Media. Consultado o 2013-02-09.
- ↑ "TIOBE Index". TIOBE (en inglés). Consultado o 2022-10-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]