Wing-tsit Chan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWing-tsit Chan
Nome orixinal陳榮捷 (Chén Róngjié)
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1901
Kaiping, provincia de Guandong (China)
Morte12 de agosto de 1994
Pittsburgh, estado de Pensilvania (Estados Unidos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lingnan, Universidade de Harvard
Actividade
Campo de traballoFilosofía chinesa, cultura, translations from Chinese (en) Traducir e translation into English (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
OcupaciónFilósofo, tradutor
Período de actividadeSéculo XX
EmpregadorChatham University (en) Traducir
Universidade do Havaí (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaChinés, inglés
Obra
Obras destacables
A Source Book of Chinese Philosophy (1963)
Familia
CónxuxeWai Hing
FillosJan Thomas Chan, Lo-yi Chan, Gordon Chan
Premios


Wing-tsit Chan (chinés tradicional: 陳榮捷; chinés simplificado: 陈荣捷; pinyin: Chén Róngjié), nado en Kaiping o 18 de agosto do 1901 e finado en Pittsburgh o 12 de agosto do 1994, foi un investigador e profesor universitario chinés, coñecido polos seus estudos de filosofía chinesa e as súas traducións de textos clásicos chineses. O seu libro A Source Book in Chinese Philosophy (1963) tivo unha enorme influencia no eido dos Estudos Chineses no mundo anglófono.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wing-tsit Chan naceu o 18 de agosto do 1901 en Kaiping, unha cidade da provincia sureña de Guangdong. No 1916, matriculouse na Universidade Cristiá de Guandong (actual Universidade de Lingnan). Tras graduarse, no 1924, emigrou aos Estados Unidos, comezando os seus estudos de posgrao na Universidade de Harvard. Alí, estudou con Irving Babbitt, William Ernest Hocking e Alfred North Whitehead, e foi titorando do sanscritista James Haughton Woods. Chan doutorouse en Filosofía e Cultura Chinesa no 1929.

Posteriormente, regresou a China para impartir docencia na Universidade de Lingnan, onde foi decano de facultade entre o 1929 e o 1936. No 1937, trasladouse a Honolulu para traballar na Universidade de Hawai'i, onde sería profesor até 1942. Entre 1942 e 1966, foi catedrático de Filosofía e Cultura Chinesas no Dartmouth College, e de Filosofía na Universidade de Chathman entre 1966 e 1982. Tras retirarse, impartiu aulas nas Universidades de Chatham e Columbia. Chan faleceu en Pittsburgh o 12 de agosto do 1994.[1]

No ano 2000 fundouse un programa de bolsas no seu nome, o W.T. Chan Fellowship Program. As bolsas entréganse anualmente a estudantes da Universidade de Lingnan e da Universidade Sun Yat-sen.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Chan casou con Wai Hing, coa que tivo tres fillos: Jan Thomas Chan, Lo-yi Chan e Gordon Chan. Tivo cinco netos.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Chan foi autor de A Source Book in Chinese Philosophy e Sources of Chinese Tradition, dúas das fontes máis importantes no eido dos Estudos Chineses. Escribiu centos de artigos académicos e varios libros en chinés e inglés sobre a filosofía e a relixión chinesas. Tamén traduciu numerosos textos filosóficos. Foi autor das entradas "Chinese Philosophy", "Classical Confucian Texts", "Ou-Yang Hsiu" e "Wang Yang-Ming" na Macropedia e na Encyclopædia Britannica (15.ª edición). A continuación recóllese unha selección das súas publicacións máis relevantes:

  • Religious Trends in Modern China (1953). Columbia University Press.
  • Sources of Chinese Tradition (1960). Columbia University Press.
  • Instructions for Practical Living and Other Neo-Confucian Writings by Wang Yang-ming (1963). Columbia University Press.
  • The Way of Lao Tzu (1963). Bobbs-Merril.
  • A Source Book in Chinese Philosophy (1963). Princeton University Press.
  • Reflections on Things at Hand: The Neo-Confucian Anthology Compiled by Chu Hsi and Lü Tsu-Ch'ien (1967). Columbia University Press
  • An Outline and an Annotated Bibliography of Chinese Philosophy (1969). Yale University Far Eastern Publications
  • Commentary on the Lao Tzu by Wang Pi (1979). University of Hawaiʻi Press
  • Chu Hsi: New Studies (1989). University of Hawaiʻi Press

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Chan casou con Wai Hing, coa que tivo tres fillos: Jan Thomas Chan, Lo-yi Chan e Gordon Chan. Tivo cinco netos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gelder, Lawrence Van (1994-08-16). "Wing-tsit Chan, 92, Professor And Scholar of Asian Philosophy". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-12-12. 
  2. Gelder, Lawrence Van (1994-08-16). "Wing-tsit Chan, 92, Professor And Scholar of Asian Philosophy". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-12-12. 
  3. Gelder, Lawrence Van (1994-08-16). "Wing-tsit Chan, 92, Professor And Scholar of Asian Philosophy". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-12-12.