William Moulton Marston
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
William Moulton Marston | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de maio de 1893 |
Lugar de nacemento | Saugus, Massachusetts |
Falecemento | 2 de maio de 1947 |
Lugar de falecemento | Rye |
Causa | Cancro de pel |
Soterrado | Ferncliff Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Harvard |
Ocupación | guionista de cómics, psicólogo, escritor e guionista |
Cónxuxe | Elizabeth Holloway Marston |
Coñecido por | Wonder Woman e Wonder Woman |
Premios | Will Eisner Hall of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O doutor William Moulton Marston, nado o 9 de maio de 1893 e finado o 2 de maio de 1947, coñecido polo pseudónimo de Charles Moulton, foi un psicólogo, teórico, inventor e autor de cómics que creou o personaxe Wonder Woman.
Marston tiña unha relación amorosa coas psicólogas Elizabeth Holloway Marston e Olive Byrne, vivía simultaneamente con ambas e tivo varios fillos con elas. Ambas mulleres influíron na creación da personaxe.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1915, Marston casou coa súa compañeira Elizabeth Holloway, en 1925 comezou unha relación con Olive Byrne, unha estudante de psicoloxía alumna súa; a relación tiña a aprobación da súa muller e, de feito, a moza foi vivir co matrimonio. Entre 1928 e 1933 Marston tivo dous fillos coa súa esposa e tres fillos con Byrne. Para manter a aparencia, a parella de Marston adoptou legalmente os fillos de Byrne. Cara ao exterior presentáronse como unha familia convencional cunha coidadora. Os nenos non souberon a verdade ata 1963, cando Holloway lles revelou que o seu pai adoptivo era o seu pai biolóxico.
Despois da súa morte, as súas dúas mulleres seguiron vivindo xuntas. Olive estivo na casa coidando os nenos mentres Elizabeth traballaba como profesora universitaria; a convivencia durou ata a morte por causas naturais de Olive Byrne en 1985.
Educación e carreira[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Harvard, licenciouse en 1915 e foi máster en dereito en 1918. En 1921, completou os seus estudos de doutoramento no campo da psicoloxía. Despois de ensinar na American University en Washington DC e na Universidade de Tufts, Massachusetts, Marston viaxou á Universal Studios, en California, en 1929 onde traballou durante un ano como director de servizos públicos.
Ao rematar os seus estudos investigou os conceptos de «vontade» e «poder» e os seus efectos na personalidade e no comportamento humano, tamén estudou a conciencia as cores, as emocións primarias e os síntomas corporais. Os seus descubrimentos foron unha valiosa contribución ao campo da psicoloxía.
Detector de mentiras[editar | editar a fonte]
Marston é o creador do primeiro dispositivo funcional para detectar mentiras, grazas á súa adaptación de instrumentos para medir a presión arterial no corpo e outros cambios corporais. A súa invención é a base do polígrafo desenvolvido por John Augustus Larson.
O modelo teórico DISC[editar | editar a fonte]
William Moulton Marston fixou o seu interese psicolóxico nas persoas «normais» ou típicas. Estaba interesado nos retos diarios das persoas comúns. Non lle interesaba a conduta psicótica ou a enfermidade mental, quería desenvolver unha unidade de medida da «enerxía mental», é dicir «entender e describir o comportamento humano normal» de acordo a como cada persoa distribúe, manexa, exterioriza esta enerxía mental en 4 «direccións»:
- Dominio.
- Influencia.
- Submisión.
- Conformidade.
Pronto se daría conta de que o comportamento das persoas correspondía a unha destas categorías e de que as relacións humanas atravesaban este patrón. Máis adiante suma un quinto eixo, o do Autocontrol emocional, relacionado co «Equilibrio entre Emoción e Racionalidade», moi asociado ao que hoxe coñecemos como a Intelixencia emocional.
En 1928 publicou Emotions of Normal People e aínda que escribira acerca do modelo DISC catro anos antes, foi neste libro onde presentou formalmente a Teoría DISC. En 1931 publicou un segundo libro acerca da teoría, Integrative Psychology. A Teoría DISC foi un dos primeiros intentos de aplicar psicoloxía a persoas ordinarias, fóra dun ámbito puramente clínico.
Historietista de Wonder Woman[editar | editar a fonte]
En 1941, Marston, baixo o pseudónimo de Charles Moulton, creou o cómic Wonder Woman para DC Cómics: unha princesa amazona que era a protagonista do seu propio cómic e non a parella do heroe.
Marston atopábase convencido de que as mulleres eran máis honestas e máis confiables que os homes e de que podían traballar máis rápido e con maior precisión. Ao longo da súa vida, avogou pola causas das mulleres da época, postulou que hai unha noción masculina de liberdade que, é inherentemente anárquica e violenta, e unha noción feminina oposta baseada no «encantamento amoroso» que leva a un estado ideal de submisión en que se ama a autoridade.
A súa visión crítica de certos estereotipos de xénero na cultura popular é expresado nun artigo de 1944 publicado en American Scholar:
Nin sequera as mulleres queren ser mulleres mentres o noso arquetipo de femineidade careza de forza, fortaleza e poder… O remedio obvio é crear un personaxe feminino con toda a forza de Superman máis todo o encanto dunha muller bela e boa (Marston, 1944). [1]
Cinema[editar | editar a fonte]
En 2017 a etapa da súa vida na que creou Wonder Woman foi levada ao cinema na película Professor Marston and the Wonder Women, o papel protagonista foi interpretado por Luke Evans.
A película trasládanos ao campus universitario feminino de Radcliffe (que máis tarde se integrou en Harvard) a principios dos anos vinte, onde o profesor Marston ensinaba a recentemente incorporada materia de psicoloxía mentres a súa muller, Elizabeth, igual de brillante que el, tíñase que conformar con traballar ao seu lado sen dereito a unha praza propia por culpa da discriminación de xénero.
Unha das máis famosas frases do profesor Marston tamén está incluída na película, case a modo de epílogo: «Se o home ten unha natureza anárquica e violenta e a muller cariñosa e protectora, entón elas deberían gobernar o mundo».[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Wonder Woman: Mitología, feminismo y ¿'bondage'?". ELMUNDO (en castelán). 2016-03-23. Consultado o 2019-04-29.
- ↑ Martínez, Beatriz (2018-02-08). "Así fue la vida poliamorosa del creador de Wonder Woman". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-16.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Martinez. B (2018). El pais, así fue la vida poliamorosa del creador de Wonder Woman https://elpais.com/elpais/2018/02/07/tentaciones/1517994536_386884.html
- B.B Borges (20016) Madrid. "Wonder Woman: Mitología, feminismo y ¿'bondage'?", ELMUNDO. https://web.archive.org/web/20190412203043/https://www.elmundo.es/cultura/2016/03/23/56e9aa0f46163f261c8b45bd.html
- https://elpais.com/elpais/2018/02/07/tentaciones/1517994536_386884.html
- https://www.elmundo.es/cultura/2016/03/23/56e9aa0f46163f261c8b45bd.html