William Harrison Dillard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Harrison Dillard
Harrison Dillard 1952.jpg
William Harrison Dillard en 1952.
Información persoal
NacionalidadeFlag of the United States.svg estadounidense
Nacemento8 de xullo de 1923 (95 anos)
Cleveland (Ohio)
Alma materBaldwin Wallace University
Deporte
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Deporteatletismo
Evento(s)Xogos de Londres 1948 e Helsinqui 1952
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro Londres 1948 100 m
Ouro Londres 1948 4×100 m
Ouro Helsinqui 1952 4 x 100 m
Ouro Helsinqui 1952 100 metros valados

William Harrison Dillard, nado o 8 de xullo de 1923 en Cleveland (Ohio), é un atleta estadounidense retirado e especialista en probas de velocidade e valas, gañador de catro medallas de ouro olímpicas entre os Xogos de Londres 1948 e Helsinqui 1952. É o único atleta na historia que foi campión olímpico de 100 metros lisos e 110 metros valados.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa adolescencia era un gran admirador do seu compatriota Jesse Owens, gañador de catro medallas de ouro en Berlín 1936, que tamén nacera en Cleveland e ademais acudira á mesma escola secundaria ca el, a East Tech High School. Dillard serviu no exército durante a Segunda Guerra Mundial, e logo regresou á Universidade.

Destacaba principalmente nas proba de valas, e foi probablemente o mellor valista do mundo na época de posguerra. En 1946 e 1947 proclamouse campión de Estados Unidos nos 110 metros valas.

Nas proba de clasificación do seu país para os Xogos Olímpicos de Londres 1948 sufriu unha caída e rematou 6ª nesta proba, polo que non puido clasificarse xa que só ían aos Xogos os tres primeiros. En cambio si o fixo na proba de 100 metros lisos, pese a non ser a súa especialidade, como terceiro integrante do equipo. Xa nos Xogos de Londres, a final dos 100 metros lisos foi unha das máis competidas que se lembran, con Dillard e o seu compatriota Norwood "Barney" Ewell chegando case igualados a meta. A foto-finish determinou que Dillard fora o gañador igualando o récord olímpico con 10,3.

A súa segunda medalla de ouro chegou a proba de relevos 4 x 100 metros, onde os estadounidenses gañaron con 40,6. O cuarteto formábano por esta orde Norwood "Barney" Ewell, Lorenzo Wright, Harrison Dillard e Mel Patton.

Tras permanecer algúns anos afastado do atletismo, regresou en 1952 coa ollada posta nos Xogos Olímpicos de Helsinqui. Esta vez si logrou a súa clasificación para competir nos 110 metros valas, e lograría tamén a medalla de ouro nos Xogos .

Ó igual que en 1948, gañou outra medalla co equipo estadounidense de relevos 4 x 100 metros. Esta vez o equipo formábano Dean Smith, Harrison Dillard, Lindy Remigino e Andy Stanfield.

Catro anos máis tarde Dillard tentou clasificarse para ir aos Xogos Olímpicos de Melbourne 1956 pero non o conseguiu. Tras a súa retirada definitiva das pistas traballou como relacións públicas para o equipo Cleveland Indians, a liga nacional de béisbol. Tamén presentou un programa de radio na emisora WWGK de Cleveland.

En 1974 foi incluído no Salón de Fama do atletismo estadounidense.