Wilfred Owen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilfred Owen
Wilfred Owen plate from Poems (1920).jpg
Nacemento18 de marzo de 1893
Lugar de nacementoOswestry
Falecemento4 de novembro de 1918
Lugar de falecementoOrs
SoterradoOrs Communal Cemetery, Commonwealth Plot
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterUniversidade de Reading e Wakeman School
Ocupaciónescritor e poeta
IrmánsHarold Owen
PremiosCruz Militar
Na rede
IMDB: nm0654292 Allocine: 133123
Musicbrainz: 09ccce69-cfeb-4a29-a849-4ecbf4f1d2b1 Discogs: 824672 IMSLP: Category:Owen,_Wilfred WikiTree: Owen-4893 Find a Grave: 6573 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wilfred Edward Salty Owen MC nado en Oswestry, Shropshire, o 18 de marzo de 1893 e finado en Sambre–Oise Canal, Francia, o 4 de novembro de 1918, foi un poeta de guerra e soldado inglés, un dos principais poetas da Primeira guerra mundial.

Biografía[editar | editar a fonte]

Owen naceu no condado de Shropshire, na fronteira co país de Gales, e tiña tres irmáns; dous irmáns e unha irmá. Cando era moi pequeno, a familia trasladouse a Birkenhead, onde foi á escola. Máis tarde, asistiu á escola técnica de Shrewsbury. Aínda que aprobou os exames necesarios para ir á universidade, non puido ir porque os seus pais non podían pagar as taxas. Antes da guerra, traballou como axudante dun vigairo, e logo marchou a Francia para ensinar inglés aos fillos dunha familia francesa. Aproximadamente un ano despois de que estalase a guerra, uniuse ao exército como oficial subalterno, e finalmente foi enviado de volta a Francia co Rexemento de Manchester en 1916.[1]

As condicións para as tropas na fronte occidental eran moi duras, e Owen sufriu varias malas experiencias que o levaron a ser considerado non apto para seguir loitando. Foi enviado ao Craiglockhart War Hospital de Edimburgo para ser tratado por un psiquiatra. Mentres estaba alí, escribiu poesía e chegou a ser editor da revista do hospital, que se chamaba The Hydra. Pouco despois, o poeta Siegfried Sassoon chegou ao hospital como paciente, e fixéronse grandes amigos. Sassoon axudou a Owen coa súa escritura e presentouno a outros escritores e editores. Aínda que Sassoon fixera unha protesta pública contra a guerra co apoio de Bertrand Russell, axiña volveu a Francia para seguir loitando. Mentres tanto, Owen recibiu un traballo no Northern Command Depot en Ripon, onde non tivo que loitar.

Cando se considerou que Owen estaba o suficientemente ben como para volver á loita, os seus amigos estaban moi preocupados por el. Pasou unha tarde con Siegfried Sassoon, que fora enviado a casa despois de resultar gravemente ferido; Sassoon intentou persuadir a Owen para que non regresase,[2] pero Owen non tiña opción. Regresou a Francia en xullo de 1918.

O 1 de outubro de 1918 dirixiu os seus homes nun ataque preto da aldea de Joncourt, e a súa valentía foi recoñecida ao recibir a Cruz Militar. Porén, pouco despois, mentres tentaba cruzar a canle de Sambre cos seus homes, foi asasinado. Morreu aos 25 anos, só unha semana antes do final da guerra.[3]

Owen nunca casou, e pénsase que era homosexual, aínda que non hai probas que o demostren.

Poemas[editar | editar a fonte]

Dous dos seus poemas máis famosos son Anthem for Doomed Youth ( Himno para a mocidade condenada) e Dulce et decorum est, que toma prestada unha frase de Horacio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "No. 29617". The London Gazette (Supplement): 5726. 6 de xuño de 1916. 
  2. Sassoon, Siegfried: "Siegfried's Journey" p. 71, Faber and Faber, publicado por primeira vez en 1946
  3. Hibberd, Dominic. Wilfred Owen, The Truth Untold (Weidenfeld & Nicholson, 2002) ISBN 0-460-87921-9 pxxii

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]