Wikipedia:Votacións para borrar/Polbo á mugardesa
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Non lle vexo sentido a converter unha receita de cociña nun artigo enciclopédico. Como moito, se alguén considera relevante esta información, podería incluíla como unha sección gastronómica do artigo "polbo". Aínda así, tampouco me parecería de suficiente entidade para tal alternativa.
Pedro --Pedro 15:44, 20 abril 2007 (UTC)
A favor
- Concordo Borrar da Galipedia e mover a Galilibros. O mesmo que se fixo con b:Filloa crear alí un libro de receitas. Se o artigo se limita a unha receita non debe permanecer neste wiki, outra cousa é que teña máis contido ou sexa o artigo principal dunha serie. Na páxina de discusión do artigo hai algúns comentarios nese sentido. O feito de movelo alí tamén ten vantaxes para aumentar os contidos de Galilibros. --Prevert(talk) 10:13, 10 maio 2007 (UTC)
- Concordo Hai que movelo a Galilibros. AlberteSi, digame? 16:01, 10 maio 2007 (UTC)
- Concordo en movela a Galilibros, o contido non é moi enciclopédico, agás que se tratara dunha enciclopedía especializada en gastronomía. Lansbricae (Ti dirás) 16:09, 10 maio 2007 (UTC)
- Concordo Xa existe o artigo polbo, e agrego que iste artigo debería de pasar a Galilibros, como se fixo co de filloa; nembargantes o de Polbo á feira, que se reseña abaixo tamén conviña encauza-lo para galilibros. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:57, 14 maio 2007 (UTC)
En contra
- Discordo Creo que debe permanecer, ao igual que Polbo á feira ou Filloa ou o resto de artigos da categoría Pratos, é un prato típico de Galicia e merece ter un artigo. O que sí se debería facer sería amplialo coa historia ou o orixe do prato, ou calquer outro dato relevante. ☣Banjo tell me 16:12, 20 abril 2007 (UTC)
Comentarios
- Transcorrido tempo de abondo desde que fixen a miña proposta para borrar este artigo, sen que fose secundada por ninguén, procedo a eliminar esa marca no artigo e deixalo ir en paz. Non me convenceron os argumentos de Banjo, pero hei de recoñecer que a falta doutras opinións que apoien a miña postura, só cabe retirala. Pedro --Pedro 22:13, 9 maio 2007 (UTC)