Polbo á mugardesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polbo á mugardesa.

O polbo á mugardesa é un xeito típico de servir o polbo do pobo mariñeiro de Mugardos, (A Coruña). Este xeito de servir o polbo pódese tomar todo o ano nos establecementos hostaleiros da vila mariñeira da ría de Ferrol.

Receita e ingredientes[editar | editar a fonte]

  • polbo (de un ou dous kg limpo)
  • patacas (un ou dous kg)
  • dúas cebolas grandes (picadas)
  • pemento verde e vermello (limpo e cortado en tiras)
  • un dente de allo (moído)
  • aceite (de oliva), sal (gordo), pemento doce e picante (moído)
  • folla de loureiro

Preparacións[editar | editar a fonte]

O polbo limpo xa mallado métese suxeito pola cabeza tres veces na auga fervendo para que estea tenro. Non se coce na auga, a isto chámano "asustar" ao polbo.

Na tixola co aceite de oliva quente sofrítese a cebola e o allo picados xuntos (sen deixar que se queimen), cando estean fritidos engádense os pementos en tiras. Cando estea ao punto engádese un pouco de pemento doce e picante (ao gosto), bótase logo o polbo cortado en anacos, e deixase fritir 15 ou 20 minutos.

Sérvese en pratos normais (non de madeira) acompañado de patacas cocidas enteiras ou cachelos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]