Wikipedia:Votacións para borrar/Navegante
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Navegante[editar a fonte]
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 8/11/2018 - 9/12/2018
SI: 2 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: Xabier Cid (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 17:00 (BTC)
Información: Razóns para o borrado: a razón principal para o borrado é que o título do artigo non se corresponde co contido. Ou sexa, un artigo sobre "navegante" debería ser sobre outra cousa. Detallo agora as causas e problemas.
- O título da páxina, e a súa existencia, vén da tradución dun artigo da Wikipedia en inglés, en:Navigator, que fai referencia ao piloto de navegación de embarcacións mariñas e aéreas. A tradución máis correcta sería piloto, se ben hai distintos tipos de pilotos (de altura, de baixura, prácticos, etc., ademais de todos os distintos tipos de pilotos aéreos, de automóbiles, etc). A equivalencia en wikidata é a que intúo que leva a este erro. Pódese ver que o artigo en galego non se corresponde no contido, por exemplo, co español ou co portugués, mais tampouco exactamente co inglés.
- As referencias achegadas para a definición de navegante non falan da persoa que se ocupa da dirección dun barco ou dunha aeronave, senón de calquera persoa que vai nun barco.
Alternativas ao borrado: a única alternativa que vexo neste momento é mover este contido a un novo artigo "piloto de embarcación", romper todos os vínculos de wikidata, borrar "navegante" e despois re-redactar o artigo por enteiro. Creo que, tendo en conta o tamaño do artigo, paga máis a pena o borrado.
Aviso ao autor orixinal: aviso a User:Chairego_apc, creador orixinal, e User:Alfonso_Márquez, a que dean a súa opinión.
- Borrar
- Borrar --Xabier Cid Talk 2 me, please 8 de novembro de 2018 ás 17:04 (UTC)[responder]
- Borrar Maria zaos (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 17:16 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Son partidario de manter este artigo, sempre que se cambie o seu nome e reoriente de acordo á alternativa proposta por Xabier Cid. Ten interese enciclopédico e acho un desperdicio de tempo borralo e refacelo. Eu proporía un nome como "Piloto (navegación)".--Castelao (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 19:30 (UTC)[responder]
- Manter e renomear como suxire Castelao. --AMPERIO (conversa) 17 de novembro de 2018 ás 18:12 (UTC)[responder]
- Manter opino o mesmo. --Chairego apc (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 17:51 (UTC)[responder]
- Neutros