Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Artigos bos
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Entrada en funcionamento dos artigos bos.
Período de votación: 6/3/2016 - 5/4/2016
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
A idea consiste no activamento das seguintes páxinas, así como das reglas e procedementos que alí se indican, para a proposta e selección de artigos bos:
- Wikipedia:O que é un artigo bo
- Wikipedia:Escolla do artigo bo
- Wikipedia:Artigos bos
- Wikipedia:Artigos bos/Propostas
- A favor
- Concordo --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2016 ás 17:00 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 6 de marzo de 2016 ás 17:20 (UTC)[responder]
- Concordo ☣Banjo tell me 6 de marzo de 2016 ás 18:03 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 7 de marzo de 2016 ás 11:41 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 7 de marzo de 2016 ás 13:24 (UTC)[responder]
- Concordo. --Agremon(contacto) 7 de marzo de 2016 ás 16:24 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2016 ás 09:16 (UTC)[responder]
- En contra
- Comentarios
- Comentario 15 días de mínimo houbera sido suficiente na miña opinión, igual que o sistema actual de destacados. ☣Banjo tell me 6 de marzo de 2016 ás 18:06 (UTC)[responder]
- Comentario O que di sobre que "o artigo poida ser comprendido por persoas que non dominan o tema tratado. Os artigos non deben ser tratados como se os fosen ler especialistas, senón que deben enfocarse cara á xente que queira aprender léndoos", habería que matizalo, porque, se ben iso é o ideal, hai que ter en conta que se tratan todo tipo de temas desde os máis xerais aos máis específicos, polo que ás veces son asuntos complicados, por exemplo, no campo científico, no que é inevitable usar a terminoloxía (xeralmente complexa) que é a que hai que usar ou conceptos complexos ou definicións formais de certa complexidade. Ás veces requírese ter coñecementos de cousas máis básicas (explicados noutras páxinas tamén). A min cóstame entender algunhas páxinas de matemáticas ou de física (tería que empezar por aprender en páxinas máis elementais antes de meterme nesas outras), pero entendo moito mellor as de bioloxía porque é o meu ramo, e iso é lóxico. Non é igual facer a páxina "célula" (moi xeral), que a páxina das proteínas SNARE (máis específica e complexa). Mesmo explicar a replicación do ADN ou a recombinación é complexo se se fai ao nivel das wikipedias mellores. Non obstante, as páxinas máis específicas, normalmente, case só as consultan persoas con certos coñecementos sobre esa materia. Eu teño visto comentarios na wikipedia inglesa dicindo que a terminoloxía lles parecía moi complicada e protestaban por termos tan complexos como "mitose" (que se estuda na ESO). Ás veces o grao de complexidade ao que debe chegar unha páxina é difícil de determinar. Na wikipedia inglesa solucionárono facendo a wikipedia en Simple English (onde tampouco se tratan todos os temas e sempre se tratan con sinxeleza), pero non suscitou moito entusiasmo entre os wikipedistas en vista do número de páxinas que ten comparada coa outra wikipedia.--Miguelferig (conversa) 7 de marzo de 2016 ás 13:24 (UTC)[responder]
- Comentario Miguelferig, iso está copiado de Wikipedia:O que é un artigo de calidade, pero enténdese que hai que procurar conseguir iso na medida do posible e, como comentas ti, axeitándose á especialización e complexidade do artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2016 ás 14:11 (UTC)[responder]
- Comentario Aínda que estea a favor da creación desta categoría de artigos, sorpréndeme que finalmente se chegue a facer vendo a baixa participación que hai en moitas ocasións nas votacións a calidade. Espero que isto supoña maior participación, polo menos por ser a novedade.--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2016 ás 09:32 (UTC)[responder]