Wikipedia:Sobre Galicia/maio 2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. En 2012 adícaselle o Día das Letras Galegas. Foi fillo de Francisco Paz Cochón, concelleiro de Pontevedra, e Matilde Andrade Tojeiro, quen despois tiveron tres fillas máis: Matilde, Carmen e Castora (que morreu moi nova). Comezou a interesarse na literatura e na cultura de Galicia da man do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Foi tamén el quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra, cando este fixou a súa residencia en Pontevedra, en 1916.