Wikipedia:Sobre Galicia/decembro 2005

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Coruña é a cidade capital da provincia galega da Coruña. Situada no noroeste de Galicia e bañada polo Océano Atlántico, é a principal cidade da súa comarca, que inclúe os concellos de Arteixo, Carral, Culleredo, Cambre, Bergondo, Oleiros e Sada. O seu emprazamento é privilexiado, xa que se ergue sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Magnus Portus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. Unha das características máis notables que identifican á Coruña constitúena as múltiples e variadas galería ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal.