Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ramón de Valenzuela, nado en Manduas (Silleda) o 3 de outubro de 1914 e finado en Adina (Sanxenxo) o 27 de outubro de 1980, foi un escritor e político galego.

A súa primeira novela Non agardei por ninguén publicouse en 1957, en Buenos Aires. Nela relata os acontecementos de 1936 ata o seu paso á zona republicana. En 1974 apareceu o libro de relatos O Naranxo editado polo Grupo Brais Pinto. No ano 1980 publicouse Era tempo de apandar, que narra as súas vicisitudes despois da guerra civil.