Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Xavier Prado Rodríguez
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 3 a favor, 1 nulo, ningún en contra. Non se elixe como artigo do mes.
Xavier Prado Rodríguez[editar a fonte]
- Información: proposto por Prevert. Xavier Prado Rodríguez, máis coñecido polo seu alcume Prado Lameiro, veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX, dentro das Irmandades da Fala. Colaborador de Lamas Carvajal, intentou recuperar a publicación O Tio Marcos d'a Portela, en 1917. MÉRITOS DO ARTIGO: Un artigo completo que lle acae á portada, contribúe a ampliar o tratamento dos múltiples aspectos da Historia de Galicia que se veñen presentando na portada. --Prevertgl 10:19, 5 setembro 2009 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Información hai abonda, mais non está estruturada debidamente. Cómpre darlle un repaso serio se queremos que saia en portada. Tamén sería bo engadir imaxes. --Atobar (conversa comigo) 10:26, 5 setembro 2009 (UTC)
- Comentario Non concordo coa nova estrutura para votar a favor porque non corresponde a convenios xeraís de escrita. Anduven perquisando para ver si a palabra traxectoría en galego ten un sentido particular e do que entendo, tratandose de biografías ten o mesmo sentido que en frances e castelán. Polo tanto de xeito xeral os artigos sobre persoas son biografías e siguen as mismas convencións cos libros de biografías. Dentro dun artigo (ou dun libro, é igual) a sección traxectoria refirese a unha activida, unha carreira, é decir a un "movemento" na vida da persoa. A traxectoria que vai dende os orixes, o nacemento etc, ata morte llamase biografía, vida, chronoloxía (dánse os datas resumidos cronoloxicamento). Dentro do artigo a sección biografía, vida ou chronoloxía é curta, logo as outras seccións levan titulos que poñen de revelo outras cousas, según a parsoa, a traxectoria nunha actividade, un evento mui relevante da súa vida, unha carectiristica particular do personaxe etc etc. A mín pareceme máis correcta a estrutura antiga porque corresponde máis as normas xeraís das biografías :
* 1 Biografía * 2 Prado Lameiro, Veterinaria * 3 Prado Lameiro n’O Tío Marcos d’a Portela * 4 Outras actividades de Prado Lameiro * 5 Na Ditadura de Primo de Rivera * 6 Homenaxe en Ourense * 7 Últimos anos * 8 Obra * 9 Ligazóns externas * 10 Bibliografía
Atobar, non quero ofenderte, xa hai algún tempo que vexo que andas mudando estruturas coa sección traxectoría, en algúns casos estará ben, pero noutros (e é o caso eiqui) saquelle sentido a estrutura dunha biografía, por demaís desequilibra o artigo. Polo tanto contaba falalo con ti, antes de votar. Xa sei que non é aquí o lugar para discutir, fagoó porque eu estou a favor dise artigo, pero molestame que vaia a Portada con esa estrutura, que para mín é como un traballo inedito da Galipedia. Xa irei falar con ti na túa páxina de conversa. E antes da fin do mes ainda que Xavier Prado Rodríguez quede como esta agora, votarei a favor. Elvire 13:50, 9 outubro 2009 (UTC)
- Paréceme moi acertado o expresado por Elvire sobre traxectoria e biografía, acaelle mellor a segunda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:14, 18 outubro 2009 (UTC)
- Comentario Non podo votar pero quero lembrarvos que falta unha semana para que este artigo estea na portada como artigo destacado sobre Galicia, e aínda ten que soluciona-lo problema da falta de imaxes, decidi-la estrutura (traxectoria vs. biografía) e, sobre todo, supera-la clara falta de apoios (só 2 votos a favor). Lembrade tamén que non hai ningún outro artigo proposto como alternativa. Pedro --Lameiro (conversa) 15:07, 25 outubro 2009 (UTC)
- Comentario. A min tanto me ten que se opte por traxectoria ou por biografía para este artigo de Prado Lameiro. Iso si, quero explicar por que razón traxectoria ao meu ver é unha boa opción e mesmo preferíbel: cando comecei a dar formato ás personalidades, hai por volta de tres meses, vin que non había criterio e xa que logo nuns artigos non puña nada, ía todo nun mazacote e noutros moitos puña Traxectoria vital, Traxectoria política, Biografía, Vida, Vida e obra, Carreira e algunhas outras que non lembro así de memoria. Traxectoria pareceume que englobaba case todo e que era a mellor forma de ter un criterio único. Sopesei se optar por Biografía, pero había casos a esgalla onde algunhas partes do texto non pertencían á biografía senón que terían que ir como anexos. Traxectoria é máis abstracto e consecuentemente máis maleábel. E xa digo, en traxectoria cabe todo, mesmo coido que nalgúns artigos vai en primeiro lugar a cabeceira traxectoria e xusto por baixo trae outras como biografía, influencias, palmarés e todo o habido e por haber. Neste caso en concreto, si parece que a cabeceira traxectoria pode ser substituída e mesmo mellorada coa colocación da cabeceira biografía, pero creo que é mellor mirar polo criterio común a todos os artigos de personalidades, grupos musicais, equipos de formula 1 e outros, e deixalo como Traxectoria, pois traxectoria tamén vale. En calquera caso, resumindo, a min dáme igual unha palabra que outra, pero si creo moi necesario ter un criterio único e Biografía non se adapta tan ben como traxectoria para segundo que artigos. Tamén é certo que ás veces nin sequera traxectoria vale e teño/temos que dar formato con outras cabeceiras, nomeadamente Historia e Características. Aí queda logo a explicación. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:52, 25 outubro 2009 (UTC)
- Comentario's'.
- A mín no me parece mal que a muralla quede ainda un mes na Portada, e que para decembro sexa un artigo con bóo consenso.
- Traxectoría, pido desculpas a Atobar e os outros por si o que vou escribir semella agresivo. Non sei expresarme ben en galego. Esta páxina non é para discutir ese asunto. Penso que polo demomento non temos tempo e enerxías para discutir e tomar decisións sobre os modelos de artigos. Tampouco penso que teña eu máis razón que Atobar. Pero como estou plasmada con todos cambios que fai (algún pode estar axeitado na miña opinion) velaqui os puntos que me plasman :
- A palabra traxectoría en galego : consultei os dicionarios da RAG, Ir Indo, anduven ollando textos en galego con google onde se usa esa palabra. Con todo eso non entendo que poidase facer unha edición unicamente para trocar o titulo de sección Biografía ou Vida , sin xustificar na caixe de resume que é porque o contido non ten nada que ver co titulo.
- Dar formato as personalidas : fazer modelos de estructura de artigos é traballo da comunidade Wikipedia:Lista de modelos, os dous de persoas que temos Wikipedia:Modelo de actores de cine e televisión e Wikipedia:Modelo de futbolistas levan a sección Biografía
- Wikipedias en dsitintas linguas : cada proxecto WP ten autonomía para certas cousas no xeito de organizarse e no xeito de dar conta do coñecemento humano, xa que cada lingua é unha ollada peculiar para ver o mundo. Non obstante as WP das distintas linguas teñen que harmonizar e homoxeniezar a presentación da enciclopedia, e no tocante os artigos de biografías sen copiar os modelos, penso que non sé pode chamar traxectoría unha sección que comeza cos datos biografícos ( nacemento, páis, onde viviu etc) da persoa.
- Repito desculpas a todos e non desexo que se siga a conversa aquí, hai tempo para todo. O unico que me permito pedir : 1) que Atobar siga pondo traxectoría nos artigos si traballa neles e que lle parece axeitado, pero que non siga facendo ises trocos como si fose unha misión. 2) que nos artigos nos que fixen ou vou fazer traballo niles, que poida modificar a sección traxectoria, e logo discutir na páxina de conversa si é necesario. Hai artigos (por exemplo María Castaña, nos que cando vin a mudanza iba de repente revertir. E logo non atoupei xeito para dialogar coa comunidade sin propór de traballar sobre os modeles de estrutura dos artigo. Non é tempo para andar con iso. Pido de poder modificar eses artigos nos que estou metida, ou que me meto, sin andar pidindo permiso na páxina de conversa, e logo sí discutir artigo por artigo na páxina cos que se queiran meter na redación do artigo. Diste xeito os artigos só poden mellorar e a comunidade non perde tempo co problema de fondo que plantexa Atobar.
- Xavier Prado Rodríguez, eu votei a favor con unha estrutura que non penso que é mellor ca feita por Lameiro. Non retiro o meu voto, pero tampouco voume permitir mudar algo no artigo, non me gusta arrancar decisións.
- Moitas gracias por atenderme e entender que era necesario para mín aclararme, ainda que sexa fora do lugar axeitado.Elvira (conversa comigo) 20:27, 1 novembro 2009 (UTC)
- Novamente estou de acordo co exposto por Elvire no fondo e na forma. Cando fixen a proposta do artigo (ás 10:19 do 5 de setembro de 2009 (UTC)) a estrutura era outra e aínda que non tiven en conta iso como un elemento principal para facer a proposta si é certo que ese cambio sobre a estrutura (cando hai opinións diversas sobre a devandita estrutura) dalgún xeito modifica e inflúe no que se está propoñendo. Visto o que se ten falado refirido á estrutura, na miña opinión temos que recuperar aquilo no que haxa acordo e desbotar aqueles cambios nos que pola contra non haxa acordo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:01, 2 novembro 2009 (UTC)
- Nulo
Concordo.--Jackirtash 16:11, 10 decembro 2009 (UTC)
- Voto anulado por non cumprir os requirimentos mínimos nas votacións: 150 edicións e 60 días de antigüidade. --Toliño Fala aquí comigo 16:56, 10 decembro 2009 (UTC)