Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Figueroa, Abegondo
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobada
Período de votación: 15-08-2017 - 14-09-2017
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Aprobada |
- Proposto por: Chairego apc (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 18:36 (UTC) (Período de votación: dende o 15-08-2017 ata, polo menos, o 30-08-2017)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre esta parroquia de Abegondo. Ben referenciado e estruturado. Temática novidosa para a portada (seica sería a primeira parroquia en ser destacada como artigo sobre Galicia). --Chairego apc (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 18:44 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de agosto de 2017 ás 16:25 (UTC)[responder]
- Concordo. ☣Banjo tell me 30 de agosto de 2017 ás 12:20 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 12 de setembro de 2017 ás 19:01 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Neutro. Abstéñome de votar xa que nacín en Figheiroa, e editei parte do artigo por lecer persoal. So dicir que un milleiro de grazas a Chairego por facer esta proposta!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Mgl.branco (conversa • contribucións) 13 de setembro de 2017 ás 21:46
- Comentarios
Comentario É un artigo moi interesante pero necesita algo de revisión, acabo de engadir un par de cómpre referencia, e un deles paréceme unha investigación orixinal. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 22:35 (UTC)[responder]
Comentario Tamén estaría ben, dada a lonxitude e a cantidade de datos, que se aplicara o Wikipedia:Modelo_de_concellos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de agosto de 2017 ás 00:52 (UTC)[responder]
Comentario A fío do que comentou Elisardo, volvín a estruturar o artigo seguindo o modelo de concello, con algunha diferenza menor. E fixen ademais unha revisión da sección de lugares: citando as fontes (como os mapas oficiais do IGME ou IGE) para cada un dos microtopónimos e retirando aqueles que non atopei [malia que sei que os hai; unha mágoa]. Agradécense as opinións. Mgl.branco (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 21:46 (UTC)[responder]
Comentario Xenial traballo Mgl.branco, botareille un ollo cando teña un momento. Sobre os topónimos dos que non tes referencia, mentres non se atope información, o único que se me ocorre é que os indiques na páxina de conversa para que queden nalgún sitio da páxina por se máis adiante se atopa algunha fonte ó respecto. Como idea, o concello de Abegondo non terá algún libro no que estea recollida esta información? Eses lugares teñen que estar recollidos nalgún sitio oficial (como mínimo os que teñan casas, non sei se os que che faltan por referenciar só son os que non teñen vivendas), o IGE, Correos... E outra nota, aínda que esa información non poida ser consultada en liña, é perfectamente válida, se por exemplo tes acceso a un libro de direccións de Correos, indicando os datos de publicación tamén estaría ben referenciado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 08:41 (UTC)[responder]
Comentario Ah, outra nota, a galería que está na sección "A capela da Torre de Figueroa" a min aparéceme de forma "rara", unhas filas teñen unhas fotos á dereita, outras á esquerda, outra fila ten 1 foto e a seguinte ten 4..., debe haber algún problema de formato... Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 08:47 (UTC)[responder]
- Acabo de comprobar que isto pasa en Chrome pero non en Internet Explorer. Ó mellor é culpa do meu navegador... Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 08:48 (UTC)[responder]