Axuda:Historial
Aparencia
Esta é unha páxina informativa da Galipedia. Describe prácticas editoriais establecidas da comunidade nalgún aspecto concreto, ou detalla aspectos das normas e usos habituais dentro da Galipedia. |
Toda páxina da Wikipedia ten un historial de revisións asociado que contén unha lista coas revisións previas da páxina, xunto á data e mais a hora, o nome de usuario ou enderezo IP do usuario que fixo a modificación e o resumo de edición que deu. Pódese acceder ao historial mediante a lapela "historial" que aparece na parte superior da páxina.
Uso do historial
[editar | editar a fonte]Nun historial:
- Todos os cambios feitos na páxina aparecen en orde cronolóxica inversa.
- Para ollar unha versión específica, cómpre premer na data.
- Para comparar unha versión vella coa actual, cómpre premer "actual".
- Para comparar unha versión coa anterior, cómpre premer "anterior".
- Para comparar dúas versións específicas, cómpre marcar a caixa da columna esquerda da versión máis vella e o da dereira da versión máis nova e logo premer no botón "Comparar as versións seleccionadas".
- As edicións pequenas indícanse mediante un "m".
Volver á páxina de axuda. |