AP-9
AP-9 Autoestrada do Atlántico |
|
---|---|
![]() |
|
Tipoloxía | Autoestrada de peaxe |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Ruta europea | E01 |
Dimensións | |
Lonxitude | 219,6 km |
Formato | 2 ou 3 carrís por sentido |
Localización | |
Inicio | Ferrol |
Fin | Fronteira con Portugal |
Circulación | |
Velocidade máxima | 120 km/h |
Concellos que atravesa
|
A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.
Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
En 1973 o Estado concedeu a construción da autoestrada a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A., hoxe pertencente a Sacyr Vallehermoso. A autoestrada supuxo un investimento duns 1.428 millóns de euros. O 16 de outubro de 1973, constituíuse a sociedade Audasa. Axiña xurdiu oposición social ao proxecto[1].
O 17 de decembro comezou a construción da ponte de Rande. As seguintes obras en comezar foron as do acceso a Vigo o 1 de xullo de 1975, as do tramo "Ponte de Rande - Pontevedra Sur" 2 meses despois, e "A Coruña - Santiago Norte" un ano despois. Estes tramos foron inaugurados entre 1979 e 1984.
En 1988 inaugurouse o tramo "Santiago Norte - Santiago Sur". En 1989 comezaron as obras da ponte da Ría sobre a ría de Pontevedra. En 1990 inauguráronse os tramos "Santiago Sur - Padrón". Ao ano seguinte abríuse ao público o tramo "Padrón - Caldas de Reis", e en 1992 "Pontevedra Norte - Pontevedra Sur" e "Caldas de Reis - Pontevedra" (1992).
Entre 1993 e 1997 comezaron as obras entre "Guísamo - Miño"; "Rande - Puxeiros" e "Miño - Fene". De 1997 a 2000, inauguráronse tódalas obras anteriores xunto co tramo "Teis - Intercambiador de Rebullón". Ademais, no 2000 prolongouse a Autoestrada do Atlántico coa incorporación do tramo do "Acceso norte a Ferrol" e amplióuselle a concesión até o ano 2048.
Dende o 2001 até a actualidade, iniciáronse só as seguintes dúas obras: acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón; e o tramo "Intercambiador de Rebullón - Portugal".
Datos[editar | editar a fonte]
A Autoestrada do Atlántico conta con 444 pasos a través da autoestrada e 6 túneles, que en total suman 7 km ao longo de toda a autoestrada. Ademais ten 65 pontes e viadutos, entre eles a que no seu día foi a ponte atirantada con máis de dous carrís máis longa do mundo, a ponte de Rande, protagonista de diversos anuncios publicitarios. Mide 1.555 metros, e obtivo en 1979 o premio europeo á construción metálica máis destacada.
En 1996, cando contaba con 156,3 km de lonxitude, a empresa concesionaria ingresou 46 870 000 € en concepto de peaxes, cunha afluencia media de 13.852 vehículos diarios. No 2004, xa con 219,6 km, ingresáronse 118 290 000 €, cunha media de 22.565 vehículos diarios, 38,61 % máis ca 8 anos antes.
Tarifas[editar | editar a fonte]
A tarifa máxima (para cruzar de norte a sur, é dicir, dende Ferrol até Tui) é de[2]:
Categoría | Vehículos | € |
---|---|---|
1 | Motocicletas, turismos, furgóns e furgonetas de 2 eixos e 4 rodas, microbuses de 2 eixos... | 20,15 |
2 | Autocares de 2 ou 3 eixos e autocares de 2 eixos con remolque de 1 eixo, camións de 3 eixos e camións de 2 eixos con remolque de 1 eixo, turismos de 2 eixos e 4 rodas con remolque de 1 eixo con roda xemelga... | 34,50 |
3 | Camións e autocares de máis de 4 eixos | 43,90 |
Tramos[editar | editar a fonte]
Denominación | Tramo | Km |
---|---|---|
AP-9 | Ferrol - Intercambiador | 37,5 |
AP-9 | A Coruña - Vigo | 153,5 |
AP-9 | Teis - Tui | 28,6 |
Zonas libres de peaxe[editar | editar a fonte]
Dende o fin da autoestrada en Ferrol ata a peaxe de Fene segue sendo AP-9 e actuando coma circunvalación de Ferrol, Narón, Neda e Fene. Dende Sigüeiro ata a saída da SC-20 é a AP-9 e formando parte da circunvalación de Santiago de Compostela.
Dende a peaxe de Poio ata a saída cara a Ourense-N-554 segue sendo AP-9 formando parte da circunvalación de Pontevedra. En Vigo tamén pasa a ser AP-9, formando parte da circunvalación de Vigo só nas saídas cara a Vigo, A-55, A-52 e AG-57.
Saídas AP-9[editar | editar a fonte]
Tramo AP-9F: "Guísamo - Ferrol"[editar | editar a fonte]
Número de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
---|---|---|
![]() |
Guísamo continúa en dirección A Coruña e Santiago de Compostela por AP-9 | AP-9 |
![]() ![]() |
A Coruña Santiago de Compostela |
AP-9 |
![]() |
Peaxe de Guísamo | |
![]() |
Guísamo | N-VI |
![]() |
Bergondo - Sada | AC-161 |
Ponte da ría de Betanzos (lonxitude 1.050m) | ||
![]() ![]() |
Miño | AC-154 |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Área de Servizo de Miño | |
![]() ![]() |
Túnel de Campolongo 540m | |
![]() ![]() |
Cabanas - Pontedeume | N-651 AC-564 |
![]() ![]() |
Túnel de Pedra de Couto 1000m. | |
![]() |
Fene Sur | |
![]() |
Peaxe de Fene | |
![]() |
Fene Norte | N-651 |
![]() ![]() |
Túnel de Sartego 1048m. | |
![]() |
Narón - Neda | AC-115 |
![]() |
Freixeiro | AC-115 |
![]() ![]() |
Vilalba Ferrol |
AG-64 FE-13 |
![]() |
Ferrol continúa por FE-15 |
Tramo AP-9: "A Coruña - Tui"[editar | editar a fonte]
Número de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
---|---|---|
![]() |
A Coruña continúa en dirección Coruña AC-11 | AC-11 |
![]() |
Avenida Alcalde Alfonso Molina Ponte da Pasaxe |
AC-11 AC-12 |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Área de Servizo do Burgo | |
![]() |
Cambre - Aeroporto de Alvedro | N-550 |
![]() |
Cambre | AC-214 AC-221 |
![]() ![]() |
Ferrol - Pontedeume | AP-9F |
![]() |
Peaxe de Guísamo | |
![]() ![]() |
Madrid - Lugo - Arteixo | A-6 |
Área de Descanso de Piadela | ||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Área de Servizo de Ameixeira | |
![]() |
Ordes | AC-524 |
![]() |
Sigüeiro - Aeroporto da Lavacolla | |
![]() |
Peaxe de Sigüeiro | |
Área de Descanso de Marantes | ||
![]() ![]() |
Santiago de Compostela Lugo - Aeroporto da Lavacolla |
SC-20 A-54 |
![]() ![]() |
Ourense A Estrada |
AP-53 AG-56 |
![]() |
Santiago de Compostela Ourense |
SC-11 N-525 |
![]() ![]() |
Santiago de Compostela - Milladoiro Noia |
SC-20 AG-56 |
![]() |
Peaxe de Teo | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Área de Servizo de Compostela | |
![]() |
Padrón Ribeira |
N-550 AG-11 |
![]() |
Ribeira - Catoira Valga |
PO-100 N-550 |
![]() |
Caldas de Reis - Vilagarcía de Arousa | N-640 |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Área de Servizo do Salnes | |
![]() |
Sanxenxo - O Grove | AG-41 |
![]() |
Peaxe de Poio | |
![]() |
Pontevedra | PO-531 |
![]() ![]() |
Pontevedra Ourense Vigo |
PO-10 N-541 N-550 |
![]() ![]() |
Marín Pontevedra |
PO-10 PO-12 |
Área de Descanso de Bértola | ||
![]() |
Redondela - Vilaboa | N-550 |
![]() |
Peaxe de Figueirido | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Área de Servizo de San Simón | |
![]() |
Moaña - Cangas | CG-4.1 |
![]() |
Redondela | N-552 |
![]() ![]() |
Vigo - Chapela Teis |
AP-9V N-552 |
![]() |
Túnel de Madroa 440m | |
![]() |
Túnel de Candeán 860m | |
![]() |
Redondela - Aeroporto de Vigo | N-556 |
![]() ![]() |
Vigo - Tui Madrid - Ourense |
A-55 A-52 |
![]() ![]() |
Vigo Nigrán - Baiona |
VG-20 AG-57 |
![]() |
Porriño Vigo - Tui Ourense |
A-55 A-52 |
![]() |
Peaxe de Porriño | |
![]() ![]() |
Tui Vigo - Portugal |
A-55 |
![]() |
Tui continúa en dirección Portugal por A-55 | A-55 |
Tramo AP-9V: "AP-9 - Vigo"[editar | editar a fonte]
Número de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
---|---|---|
![]() |
Continúa en dirección Coruña e Portugal por AP-9 | AP-9 |
![]() ![]() |
A Coruña Portugal |
AP-9 |
![]() |
Teis - Chapela | N-552 |
![]() |
Avenida Bos Aires - Aeroporto de Vigo | |
![]() |
Avenida García Barbón - Porto de Vigo | |
![]() |
Vigo |
Uso do galego[editar | editar a fonte]
Malia que o seu percorrido discorre completamente por Galiza, na autoestrada AP-9 moitos dos paneis informativos están en castelán, como os indicadores dos viadutos, das áreas de servizo, ou os carteis informativos das peaxes. En 2013 Audasa recibiu 54 denuncias da Garda Civil por rotular en galego os sinais da autoestrada. Estas sancións foron anuladas e o Ministerio de Fomento ordenou que se rotulasen as peaxes da autoestrada en galego, castelán e inglés[3].
-
Viaducto del Valga [sic]
-
Viaducto del Umia [sic]
-
Viaducto del Ulla [sic]
-
Viaducto de Sollans [sic]
-
Viaducto de Portas [sic]
-
Viaducto de Herbon [sic]
-
Panel cos textos peaje / toll e aeropuerto [sic]
-
Provincia de A Coruña [sic]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ cultura en acción (2015-01-11). "Autopista, unha navallada á nosa terra (Llorenç Soler, 1977)". YouTube. Consultado o 2017-08-11.
- ↑ Tarifas oficiais (decembro de 2012).
- ↑ Fomento ordena ahora que las señales de peaje estén en gallego, castellano e inglés lavozdegalicia.es
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AP-9 ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|