Saltar ao contido

Wikipedia:Guía para editores mozos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Wikipedia é "a enciclopedia que calquera pode editar". Non hai restricións de idade para edita-la Wikipedia ou escribir novos artigos, polo que che dámos a benvida para axudarnos a mellorar a Wikipedia aínda que aínda non sexas maior de idade. O máis importante é a calidade do que vaias a escribir e os cambios que vaias a facer no que xa está escrito. Esta páxina inclúe varios consellos para axudarche a ser un gran editor da Wikipedia.

Os pais, titores, profesores e outros adultos poden beneficiarse tamén desta páxina, así coma do indicado en Wikipedia:Consellos para pais.

A túa seguridade

[editar a fonte]

Ao igual que en calquera outro ámbito de Internet, a túa seguridade persoal é o primeiro.

  • Contrasinais: Non lle digas a ninguén cal é o teu contrasinal, nin sequera aos teus mellores amigos.
  • Compartir a conta: Non deixes que ninguén da túa familia ou amigos use a túa conta, nunca. Se alguén máis fai algo malo coa túa conta, ti levarás as culpas.
  • Sae da túa sesión cando deixes o ordenador, especialmente se é un ordenador público.
  • Contas múltiples: Non uses máis dunha conta de usuario.
  • Cando teñas unha conta rexistrada conéctate con ela e úsaa cando edites.
  • Ten conta do que escribes. Nunca indiques o teu enderezo ou número de teléfono, e non uses o teu nome real e apelidos completos para o teu nome de usuario. Non subas fotos persoais de tí mesmo, dos teus amigos ou da túa familia na túa páxina de usuario.
  • Non escribas artigos sobre ti mesmo - se eres unha persoa realmente importante, alguén máis probablemente escribirá un artigo sobre ti.
  • Se xa incluíches información privada sobre ti mesmo por accidente, comunícallo a un administrador para que elimine a información por ti. Aínda que non o pidas, os administradores ou outros editores pode que a retiren se eres moi mozo/a aínda. Non te enfades por isto, xa que é pola túa seguridade.

Pide axuda

[editar a fonte]

Wikipedia é un proxecto comunitario. Hai moitos outros editores que poden axudarche.

  • Para axuda cun artigo concreto: Podes deixar unha mensaxe na páxina de conversa do artigo co que necesites axuda, outros editores verán a túa mensaxe e responderán nesa mesma páxina.
  • Para axuda xeral: Se necesitas saber como facer algo en xeral, deixa unha mensaxe na Taberna e alí indicaranche como proceder.
  • Axuda con información persoal Se xa tes engadido información persoal sobre ti mesmo e queres eliminala, contacta aos Administradores e axudaranche a facelo.

Como podes contribuír na Wikipedia?

[editar a fonte]

Igual que calquera outra persoa: mellorando os artigos existentes e creando novos artigos. Tras unhas poucas edicións, probablemente recibas unha mensaxe de benvida por parte doutro editor na túa páxina de conversa con diversas indicacións. Entre elas, a principal son os Cinco piares, o máis importante que necesitas saber sobre o que é a Wikipedia e como axudar nela.

  • Se creas un artigo novo que realmente mereza estar na Wikipedia, xa terás axudado a mellorala, o motivo principal polo que estamos aquí. Moitos artigos novos son eliminados porque a xente non sabe ben o que debe incluírse nunha enciclopedia, tal e como se indica en O que a Wikipedia non é. Se o teu artigo resulta borrado, non te desanimes nin penses que é algo persoal.
  • Axuda na limpeza. Sendo tan doado editar a Wikipedia, hai moita xente que pensa que é divertido facer parvadas con ela. A nós non nos resulta divertido, e chamámoslle vandalismo. O vandalismo tómase moi en serio e pode levar á perda de permisos para editar. Se ves que algo é unha parvada ou un insulto que non debería estar aquí, podes borrala ti mesmo. Cando xa estes afeito a editar, podes unirte as conversas sobre os artigos e sobre como funciona a Wikipedia día a día.
  • Saca fotografías. Moitos artigos están mellor se inclúen imaxes. Podes subir fotografías ou crear outras imaxes para ilustrar artigos, pero ten en conta a política de imaxes para saber que tipo de fotografías e imaxes son aceptables, e pensa que hai moitas cousas que teñen dereitos de autor que non se poden empregar aquí. As imaxes sacadas doutros sitios de Internet xeralmente non se poden empregar na Wikipedia debido a isto.
  • A Wikipedia non é como Facebook ou Twitter. A túa páxina de usuario non está para chamar a atención da xente. O obxectivo único aquí é mellorar a Wikipedia, non para facer amigos ou xogar a xogos. Para facer probas co código Wiki, podes usar a zona de probas.
  • Divírtete. Fai o que te divirta e o que se che dea ben. Todos nós, sen importar a nosa idade, traballamos na Wikipedia porque gústanos pasar o noso tempo libre facéndoo, é unha das nosas afeccións. Se o pasas ben atopando erros de ortografía e corrixíndoos, adiante! Se prefires traducir artigos da Wikipedia noutras linguas, adiante! Se o que che gusta é desfacer vandalismos, adiante! E se che gusta buscar información en libros ou webs para engadir fontes verificables nos artigos, adiante!

Traballando nos artigos

[editar a fonte]
  • Biografías. As enciclopedias conteñen moitos artigos sobre persoas, algunhas delas xa falecidas e outras aínda vivas. Temos que ter moito coidado có que se escribe sobre as persoas vivas, esta páxina ten máis información sobre isto. As afirmacións feitas sobre persoas debe ir referenciada por fontes fiables. Sen probas de algo non podemos escribilo sen máis. De ser un feito verdadeiro que teña saído nun xornal ou na televisión podes incluílo citando a fonte. A información errada pode danar a reputación das persoas e causar problemas. Determinada información privada non é interesante aínda sendo verdadeira, os nomes das mascotas da xente ou o que almorzan non teñen relevancia. Se non estás seguro de que algo deba incluírse, coméntao con outro editor primeiro.
  • Notoriedade. Tódolos artigos deben tratar sobre temas importantes. Isto chámase notoriedade. Se un tema non é notable, moi probablemente sexa borrado por un administrador. Por exemplo, nos artigos de grupos musicais, The Beatles foi un grupo moi famoso e importante, pero o grupo que practica no garaxe do teu veciño aínda non é o suficientemente notable como para ter un artigo na Wikipedia.
  • Algunhas partes da Wikipedia poden non ser axeitadas para nenos. A Wikipedia non está censurada, e contén diverso material que ao mellor non é de todo axeitado para que traballes nel. Comenta o que fas na Wikipedia con teus pais ou titores.
  • Copiar cousas doutros sitios. Isto chámase plaxio. Copiar imaxes ou textos doutros sitios non está permitido xa que posúen dereitos de autor. Os administradores eliminarán estas imaxes e textos no momento de detectalos.
  • Linguaxe. Moita xente usa a Wikipedia, incluíndo xente de negocios, políticos ou profesores. O texto dos artigos debe ser formal, non pode ser igual que o que lees en blogs ou revistas. Considérao da mesma forma que un libro de texto.

Traballando con outros editores

[editar a fonte]

Moitos artigos, incluíndo os que ti escribas, van ser editados e mellorados por outros editores. Traballar xuntos é unha boa forma de desenvolver unha enciclopedia. Os outros editores tentan facer o mellor tamén, e sempre é bo levarse ben con eles. Non recrimines a outros se non che gusta o que cambian ou engaden, coméntallo de boas maneiras na súa páxina de conversa.

  • Tenta ser amable e fala cos outros editores Cando haxa algún problema, coméntao cos outros editores e tenta chegar a un acordo con calma. Non cambies un artigo continuamente. Ten conta de como te comunicas con outra xente nas páxinas de conversa. Pode que algunha xente comparta o teu sentido do humor, pero outra pode sentirse ofendida se os tratas de forma moi informal ou coloquial.
  • Aprende dos consellos. Se alguén che indica que cometiches un erro, dálle as grazas e non o tomes a mal, están a facelo para que aprendas e non teñas o mesmo erro no futuro. Tódolos días se aprende algo novo.
  • Advertencias. Se recibes unha mensaxe de advertencia, lee e pensa con calma o que che indica. Pode que cometeras un erro, tenta evitalo no futuro. Se pensas que non mereces a advertencia, coméntao con esa persoa ou pide a opinión dun administrador.
  • Problemas. Se alguén non é educado contigo e non deixa de selo cando llo pidas, fala cun administrador ou indícao no taboleiro dos administradores.
  • Respecta a experiencia doutros editores. Outros editores poden saber máis ca ti dun tema concreto. As túas contribucións son igual de valiosas que as de calquera, pero se queres que se respecten tamén debes respectar as dos demais editores.
  • Reputación. A maioría dos editores non te xulgarán pola túa idade, aínda sabéndoa. Si poderán xulgarte pola madurez que reflictas no teu traballo. Non hai nada de malo en pasar un bo rato traballando na Wikipedia, mais a maioría do tempo pagará a pena ser serio. Co tempo acadarás unha reputación pola calidade do teu traballo e a forma na que interactúes con outros, polo que deberías tentar que fose unha boa reputación.
  • A túa sinatura. Podes crear unha sinatura personalizada, segue estas indicacións. Tenta facela doada de ler para outros e que ligue á túa páxina de conversa.

Administradores

[editar a fonte]

Os editores que teñen probado que saben como escribir ou mellorar artigos, e que saben como facer valer as políticas e normas da Wikipedia pasan a ser moitas veces administradores. Adoitan ter moita experiencia e teñen que actuar de forma responsable e adulta. Levan moito tempo editando na Wikipedia, con miles de edicións en diversas partes da enciclopedia. Porén, non son máis importantes que calquera outro usuario. Ser administrador é como se che deran as chaves do conserxe para o almacén de limpeza e mantemento para que vaias limpando e amañando o que se vai ensuciando ou rompendo. Ás veces tamén implica pechar as portas para que a xente non entre a facer unha desfeita maior, e outras veces incluso retirar os permisos de edición.

  • Aínda non. Moi probablemente non esteas preparado para ter as chaves por un tempo. Cando esteas preparado, o teu traballo xa será coñecido por outros editores experimentados que te propoñerán nunha elección de administradores.

As cousas importantes primeiro

[editar a fonte]

A Wikipedia pode resultar unha afección divertida, e moitas veces chega a consumir moito tempo, pero ninguén espera que traballes nela tódolos días. As cousas importantes veñen primeiro. Os estudos e os deberes son máis importantes que a Wikipedia, recorda que hai un mundo real aí fóra.

Para rematar

[editar a fonte]

Algunha xente pensa que os editores máis mozos non teñen a madurez, coñecementos, habilidades ou comportamento necesario para traballar na Wikipedia. Fai que esa xente se equivoque e demóstralles o contrario.