Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación/Arquivo/2014
![]() | Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Aprobación de Shyde para a Galipedia[editar a fonte]
Hai moito tempo que non edito na Galipedia de maneira regular; téñoa abandonada en favor do Galicionario, ao que collín moito cariño hai anos. De feito, aínda que teño pensado adicarlle ao proxecto unha horiña cada tres semanas como mínimo, aínda non empecei, e todas as miñas últimas contribucións foron para solucionar erros ou irregularidades detectadas a raíz do uso de guións (scripts) para obter vocabulario da Galipedia para o corrector de galego baseado en Hunspell.
O caso é que onte quería engadir ao corrector a palabra «Reyero», e atopei na Galipedia un artigo sobre unha aldea española con ese nome. Como os guións do corrector xa se encargan de reunir nomes de localidades españolas e «Reyero» non aparecía entre elas, púxenme a investigar e decateime de que «Reyero» estaba na categoría Concellos de León cando debería estar en Concellos da provincia de León. E non era a única páxina nesa situación. Así que unifiquei a conta do meu bot do Galicionario —Shyde— para poder usala na Galipedia, e executei un simple:
python2 replace.py "Categoría:Concellos de León" "Categoría:Concellos da provincia de León" -family:wikipedia -lang:gl -cat:"Concellos de León"
As subcategorías movinas a man. E así foi como «Reyero» chegou ao corrector, e continuei traballando no corrector e o bot non volveu tocar a Galipedia.
HombreDHojalata decatouse da actividade do bot e suxeriume amablemente que solicitase a bandeira de bot nesta páxina. E vexo —aínda que xa o sospeitaba— que xa incumprín a política da Galipedia ao respecto. Espero que a explicación coa que comecei sirva para algo.
En fin, paso a fornecer a información obrigatoria, que xa engadín á páxina de usuario do bot:
- Propósito do bot: Nada en particular. Cando queira facer algo e facelo mediante un guión (script) sexa máis doado que facelo de maneira puramente manual, fareino con esta conta simplemente por separar o traballo manual do traballo semiautomatizado.
- Infraestrutura: Utilizo os guións da infraestrutura PyWikiBot, como «replace.py», ou guións meus escritos en Python utilizando dita infraestrutura.
- Tipo de execución: Normalmente andarei tras do bot validando todos os cambios antes de aplicalos por se acaso, polo menos os primeiros cambios de cada serie. No futuro non descarto elaborar unha serie de guións de mantemento ben probados que poder executar sen medo e que solucionen problemas típicos ou apliquen convencións.
- Período de execución: Supoñendo que o hipotético futuro antes descrito chegase, as execucións de mantemento iniciaríaas manualmente, aproximadamente cada tres semanas.
O caso é que, salvo que teñades algo coma o Wiktionary:Tarefas pendentes#Para bot que temos no Galicionario, non creo que use o bot con frecuencia na Galipedia, polo menos non nos próximos meses. HombreDHojalata comentoume de seguir na liña do cambio de categoría que fixen co resto de categorías de Concellos de España, pero logo diso non teño nada pensado que facer co bot. Así que calquera idea será benvida, e se require tirar de expresións regulares ou directamente de programación, pois aínda mellor, que eu o paso pipa :) ─ GallaecioE logo? 26 de outubro de 2014 ás 05:35 (UTC)Responder[responder]
- A favor
Concordo Benvido Shyde! Eu si teño unha proposta para programar. Se se collen os datos de poboación dos concellos de Galicia do IGE, non se poderían actualizar de forma automática e doada os artigos dos concellos (habería que actualizar a poboación e o ano dos datos de poboación)? E si se pode facer cos concellos, poderá facerse tamén coas parroquias, non? ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2014 ás 21:14 (UTC)Responder[responder]
Concordo sen dúbida. Boa falta fai! --. HombreDHojalata.conversa 26 de outubro de 2014 ás 21:40 (UTC)Responder[responder]
Concordo; grazas, Gallaecio! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de outubro de 2014 ás 07:48 (UTC)Responder[responder]
Concordo.Miguelferig (conversa) 27 de outubro de 2014 ás 20:53 (UTC)Responder[responder]
Concordo--Breogan2008 (conversa) 27 de outubro de 2014 ás 22:57 (UTC)Responder[responder]
- En contra
- Neutro
- Comentarios