Esta páxina está semiprotexida

Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Relevancia biográfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

2. Tema
3. Relevancia
4. Fontes
5. Contido
6. Fin
Se unha persoa obtivo unha cobertura significativa por parte de fontes fiables independentes, suponse que si satisfai os criterios de inclusión para que conte cun artigo propio na enciclopedia.

Proporcionalmente, moi poucas persoas son o suficientemente relevantes como para ser incluídas en Wikipedia. Do mesmo xeito que calquera outra enciclopedia, Wikipedia inclúe biografías de figuras históricas importantes e persoas involucradas en acontecementos actuais.

A regra xeral para as biografías é que ten que existir bastante información fiable por parte de terceiros para demostrar o interese público do individuo. As persoas que teñan unha significativa popularidade nalgún campo científico ou cultural (os criterios amósanse abaixo) pode que merezan ter o seu propio artigo en Wikipedia, xa que probablemente haxa unha cantidade considerable de información dispoñible acerca delas e un interese substancial en recadar información sobre as mesmas.

Algúns criterios recomendables

Esta lista, que non aspira a ser exhaustiva, ilustra exemplos do nivel de relevancia requirido por Wikipedia:

  • Unha persoa que fixo unha contribución amplamente recoñecida e que forma parte do rexistro histórico duradeiro no seu campo específico.
  • Figuras do ámbito político que exercen cargos a nivel internacional, estatal, autonómico, provincial ou local. Cuanto menor é o ámbito más importante ten que ser o cargo.
  • Personalidades amplamente recoñecidas no campo do espectáculo e da opinión pública (por exemplo, membros do Paseo da Fama de Hollywood).
  • Deportistas que teñan participado nunha liga profesional ou nunha competición de nivel equivalente para os deportes onde non se aplica o criterio de ligas, como a natación, ou ben teñan participado ao mais alto nivel nos deportes non profesionais, entendendo usualmente aquí os Xogos Olímpicos ou campionatos mundiais.
  • Autores con obras publicadas, editores ou fotógrafos que teñan obtido múltiples citas independentes ou premios polos seus traballos.
  • Pintores, escultores, arquitectos, enxeñeiros e outros profesionais con traballo amplamente recoñecido (polos seus méritos ou deméritos) e que probablemente pasarán a formar parte do rexistro histórico duradeiro no seu campo.
  • Persoas que acadaran renome ou notoriedade por estar involucradas en acontecementos de seguimento dos medios.
  • Unha persoa que foi obxecto principal de múltiples publicacións de alcance, con fontes independentes da propia persoa (moitos reportaxes semellantes que describan un único acontecemento contan como unha única cobertura).

Nota: No caso dunha persoa coñecida unicamente polo seu papel nun suceso, pero que doutro xeito non constitúe un persoeiro público, é preferible ter un artigo sobre o suceso a unha biografía da persoa.

Véxase tamén a páxina Wikipedia:Biografías de persoas vivas.


O artigo que propós cumpre cos requirimentos de relevancia?