Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Tema
O artigo é enciclopédico?
Antes de crear un artigo, asegúrate de que a súa temática sexa a adecuada. Wikipedia unicamente alberga artigos enciclopédicos. Non engadas outro tipo de contidos como definicións (por que?), manuais de instrucións, cursos de aprendizaxe, coleccións de citas ou novas. Aínda que Wikipedia no alberga eses materiais, outros sitios web poden serche de utilidade. Existe unha serie de proxectos irmáns pertencentes á Fundación Wikimedia enfocados a este tipo de contidos.
Xa se cubriu o tema?
Wikipedia en galego ten 216.805 artigos, cubrindo un variado espectro de temas. Pode acontecer que xa teñamos o tema sobre o que desexas escribir, baixo un título, ortografía ou transliteración diferente á que ti propós, ou quizais simplemente baixo unha expresión ou nome alternativo. Para evitar unha duplicidade, asegúrate de buscar títulos alternativos e se descobres que o tema xa está cuberto noutro artigo, quizais podas contribuír cunha parte do contido que propós mellorando o artigo xa existente, mentres que o título da nova páxina que tiñas pensado, pode crearse como unha redirección. Podes ler esta páxina sobre redireccións ou preguntar a túa dúbida nestoutra páxina.
Cumpre o tema os requisitos para a súa inclusión?
Sabías que...? ...as páxinas que non cumpren estes criterios poden ser borradas directamente? Para evitar que lle suceda ao artigo que escribas, por favor segue con tino este asistente, e engade contido enciclopédico de calidade. —- véxase Wikipedia:Eliminación rápida
|
Porén, aínda que o tema non teña sido cuberto, non todo é apropiado nesta enciclopedia. A comunidade de Wikipedia acordou unha serie de criterios, baixo o título de «relevancia» sobre o que é e o que non é apropiado para Wikipedia (tema que se cubrirá no seguinte paso do asistente).
É importante salientar que Wikipedia non dispón dun comité editorial como noutras obras tradicionais, senón que a decisión última de cales contidos se aceptan e cales se eliminan, a toma a comunidade de Wikipedia.
Por favor non crees artigos sobre:
- ti mesmo (por que?)
- os teus amigos.
- o teu grupo de música.
- a túa páxina web.
- a túa compañía u organización.
- a túa campaña persoal.
xa que probablemente sexan borrados.
Sobre que trata o artigo?
Cando cumpras os criterios, selecciona unha das opcións seguintes: