Esta páxina está semiprotexida

Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Fontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

2. Tema
4. Fontes
5. Contido
6. Fin
Lupa observando ó libro

Fontes de calidade son:

  • Libros
  • Periódicos
  • Revistas de reputación
  • Publicacións especializadas

Fontes non aptas son:

  • Blogs persoais
  • Páxinas de MySpace ou Facebook
  • «Coñecemento propio»
  • Toda fonte que non pode ser verificada por outro editor.
  • «Prensa amarela»


A información en Wikipedia debe ser fiable e verificable. Se o artigo non cumpre con estas regras, posiblemente sexa borrado. Por iso é importante que prestes atención.

Datos, puntos de vista, teorías e argumentos só teñen cabida nos artigos se foron publicados por fontes fidedignas. Ditas fontes deberían permitir confirmar un dato e ser precisas, ademais de ser independentes do tema tratado. Por iso, citar fontes é unha das actividades fundamentais para garantir a calidade dos artigos en Wikipedia. De acordo á política oficial da comunidade: «para preservar a calidade dos artigos é necesario, polo menos, unha ligazón dun acontecemento importante ou dun premio de mérito».

En primeiro lugar

Se non dispós dunha fonte, o primeiro paso será buscala, para que poidas redactar un artigo con información verificable. Podes buscar fontes desde varios sitios web como Google, Yahoo! ou Bing, entre outros. Igual de válidas son as «fontes de papel», como poden ser libros, publicacións ou xornais.

Como saber se unha fonte é de calidade?

Para saber como é unha fonte válida considera que:

  1. gozan de credibilidade: son fontes fiables;
  2. son independentes da materia da que falan;
  3. poden ser testemuños ou análises centrados no tema;
  4. son verificables por outros editores.
A túa fonte é segura?

Con todo, todo material sen referenciar pode ser posto en dúbida e finalmente pode ser borrado. Tampouco se consideran aceptables as fontes persoais baseadas en redes sociais e blogs non confirmados. Ten coidado ó usar os teus propios criterios porque non é un sitio con contido exclusivo, que unicamente é publicado para Wikipedia.

Para asuntos académicos as fontes deberían someterse a unha revisión por pares. As fontes deben confirmar as afirmacións ás que acompañan; por exemplo, afirmacións polémicas ou controvertidas deben estar acompañadas de fontes fidedignas. Se non estás seguro se as fontes que achegas teñen a calidade suficiente podes facer unha consulta aquí.

Copiar doutras Wikipedias non é garante de verificabilidade

Artigos desta Wikipedia ou en Wikipedia noutros idiomas non son fontes aceptables. Tampouco, os proxectos similares da Fundación Wikimedia se consideran fontes fiables. Determinante é a información das referencias que acompañan ó artigo.


Ten o artigo fontes fidedignas?