Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Quebec Nordiques
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Quebec Nordiques[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 23/07/2021 - 23/08/2021
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Elixido |
- Proposto por: Piquito (conversa) 23 de xullo de 2021 ás 10:22 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 23-07-2021 ata o 22-08-2021.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Recupero esta antiga proposta do artigo deste antigo equipo quebequés que competiu na WHA e a NHL durante o último cuarto do século XX. Recentemente ampliado na súa introdución, historia e aumentouse un pouco o texto que acompaña a algunhas das táboas como se solicitou na anterior votación, ademais engadíronse dúas seccións máis para os presidentes da franquía e os directores xerais. Se ben o artigo conta con contidos traducidos dende outras Wikipedias (nas linguas francesa e inglesa), presenta tamén numerosos contidos propios da nosa Wikipedia, que o converten no artigo máis extenso e referenciado de todas as Wikipedias. Considero que cumpre cos requisitos para ser artigo de calidade na Galipedia. --Piquito (conversa) 23 de xullo de 2021 ás 10:22 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 23 de xullo de 2021 ás 10:22 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 23 de xullo de 2021 ás 19:30 (UTC)[responder]
- Concordo. --Viascos (conversa) 29 de xullo de 2021 ás 20:59 (UTC)[responder]
- Concordo. --Xabade (conversa) 06 de agosto de 2021 ás 00:06 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 6 de agosto de 2021 ás 09:28 (UTC)[responder]
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 12 de agosto de 2021 ás 13:00 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Quebec Nordiques (proposta de 2015)[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 28-01-2015 - 27-02-2015
SI: 1 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2015 ás 21:39 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 28-01-2015 ata o 27-02-2015.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completo e amplamente referenciado, con numerosas ilustracións, bibliografía e ligazóns externas sobre esta franquía de hóckey sobre xeo canadense desaparecida. --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2015 ás 21:39 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 16:23 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo ten moita táboa que fai que resulte difícil de ler, especialmente a parte final.--Gobraves (conversa) 6 de febreiro de 2015 ás 14:42 (UTC)[responder]
- Discordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de febreiro de 2015 ás 22:46 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Tentarei crear os artigos principais que aínda están en vermello durante o tempo que dure a votación. Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2015 ás 21:39 (UTC)[responder]
- Comentario.
Fixen unhas pequenas correccións no artigo. Decateime é que dis cousas como: As mellores participacións do equipo de Quebec nas series eliminatorias foron nas 1981-82 e 1984-85, que entendo que se refire ás tempadas, pero eu o vexo raro así, tal vez poderíase utilizar outra palabra como ...nas series eliminatorias foron entre 1981-82...
Logo usas moito introducidos, como por exemplo en Membros do Hall of Fame onde dis Esta sección presenta os principais xogadores da historia dos Nordiques que foron introducidos no Hockey Hall of Fame. ou catro xogadores foron introducidos no Hall of Fame despois. O uso de introducidos é correcto neste caso, pero vese raro, sóame un pouco ao inglés were introduced.
De momento iso. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2015 ás 13:14 (UTC)[responder]
- AMPERIO, sobre o primeiro que indicas dos play-offs, eu creo que está ben como está, unicamente creo que si debería poñer foron nas tempadas tal e tal, xa que non vai ben un entre, se miras o Historial dos Quebec Nordiques podes ver que na NHL só chegaron eses dous anos á final de conferencia, polo que non poderíamos dicir que foron entre tal ano e tal outro.. Sobre o de introducidos, pode que quede raro, en inglés empregan inducted, se cadra poderiamos dicir que entraron a formar parte do Hockey Hall Of Fame, se vos soa mellor así. Un saúdo, Piquito (conversa) 30 de xaneiro de 2015 ás 14:58 (UTC)[responder]
- Comentario. Sobre as táboas que comenta Gobraves, non vexo un xeito mellor de poñer as seccións estatísticas, xa que dende o meu punto de vista é máis engorroso ler as estatísticas que visualizalas nunha táboa, amais disto:
- Na sección de "Líderes históricos" xa se explica resumidamente que dous xogadores destacaron especialmente na franquía e na táboa poden verse as estatísticas nas que non lideraron ao equipo, por outra banda se pode ver outros nomes que destacaron na historia da franquía.
- Nas eleccións tamén é máis práctico poñelo con táboas e no texto xa se mencionan as tres únicas eleccións na primeira posición (poñer o resto en texto sería para tolear, na táboa se pode ver o ano, o xogador, o posto no que foi elixido, o equipo do que procede e a liga menor ou liga europea da que procedía)
- Nos equipos afiliados creo que tampouco hai moitas máis opcións, o texto explica o que son os equipos asociados e na táboa se poden ver cales eran, o período durante o que permaneceron asociados á franquía, e a liga menor na que xogaron.
- Os capitáns se queredes se poden poñer con texto, pero non vexo necesario tampouco facer mención a todos no texto, creo que coa táboa é máis práctico e que no texto se diga o primeiro e o último capitán da historia da franquía, e o primeiro capitán na NHL, poñer o resto en texto non creo que sexa relevante.
- Os números retirados se queredes se poden poñer en texto e deixar os banderíns como imaxe a un lado do texto (creo que na wiki en francés fan así), para gustos.
- Sobre os adestradores igual se pode ampliar un pouco máis o texto, pero eu non prescindiría da táboa, xa que achega moita información interesante de estatísticas (que no deporte son importantes), ao igual que cos capitáns non creo que todos os adestradores merezan unha mención específica no apartado, e coa táboa poden poñerse todos sen por elo liar o texto.
- Os xogadores introducidos no HHOF como querades, a min gústame na táboa, pero se preferides redactalo todo faise (estéticamente para min dalle un punto de cor que se sae da monotonía do texto).
- Os récords da franquía creo que sería contraproducente poñelo redactado.
- Sobre os datos de asistencia ao pavillón é un dato que interesa para o artigo, se se quere saber sobre o pavillón ten o artigo principal, así que tampouco prescindiría desas táboas.
En definitiva, eu creo que as táboas non dificultan a lectura do artigo, creo que é mellor expoñer certa información en táboas que redactándoa de xeito que o lector vexa moita literatura que pode ademais chegar a resultar liosa, con todo, se queredes suprimir as dos números retirados e os xogadores do HHOF se poden redactar eses apartados. Para min as táboas danlle algo de variedade aos artigos, deixando a parte tanto texto e deixando tamén ao lector vía libre a consultar certos datos sen ter que mergullar no texto (axudan a discriminar información, por exemplo: para que vou ler 20 liñas ou máis se mirando a táboa xa vexo que Sundin conseguiu 334 puntos na súa etapa nos Nordiques?). Un saúdo, Piquito (conversa) 6 de febreiro de 2015 ás 16:10 (UTC)[responder]
- Xoacas, poderías indicar as melloras que cres que necesita o artigo? Igual así se poden mellorar e acabar sendo artigo de calidade. Grazas. Piquito (conversa) 6 de febreiro de 2015 ás 23:33 (UTC)[responder]
Se necesita melloras para que se poida considerar artigo de calidade iso quere dicir que non é artigo de calidade. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de febreiro de 2015 ás 23:38 (UTC)[responder]
- Non te vaias polas ramas, se o propoño é porque considero que tal como está pode ser perfectamente artigo de calidade, se ti votas en contra se supón que ti cres que necesita melloras, o único que digo é que indiques cales son para ver se se poden amañar e que así mudes o teu voto. Piquito (conversa) 6 de febreiro de 2015 ás 23:43 (UTC)[responder]
- Comentario Piquito, sobre o tema das táboas que comentan, creo que podería ser unha boa idea se as poñes agochadas, como se fixo no artigo RMS Titanic co plano das seccións do barco. É dicir, podes utilizar algo tipo as navbox que empregue o código
state = <includeonly>collapsed</includeonly>
ou ben a táboabonita
{| {{Táboabonita}} |- valign="TOP" | colspan="1" align="center" | {| class="wikitable collapsible collapsed" colspan="3" |}
para que apareza agochado. Deste xeito, quen queira lelas poderá facelo e quen non as pode deixar agochadas, sen ocupar espazo de máis na páxina. --AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 16:15 (UTC)[responder]
- Comentario Outra cousiña. Aínda que xa o indicas nos resumos de edición, penso que estaría ben que puxeras na páxina de conversa o {{Traducido de|||}}. Pero isto xa é por manía máis que outra cousa, non influirá no meu voto se o fas ou non.--AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 16:21 (UTC)[responder]
- AMPERIO, xa puxen o "traducido de", en realidade non é unha tradución total do artigo, non fala de varias cousas que se tratan no artigo da historia e hai moitos contidos que non veñen da wiki en inglés. Sobre o das táboas, a que creo que é mellor que sexa desplegable é a da rivalidade Nordiques vs Habs, xa que repito que nas seccións con táboas o importante é a táboa e non o texto, e a información é máis práctica nunha táboa que en texto, de todos xeitos tampouco creo que con facer táboas desplegables vaia sair elixido artigo de calidade, precisa de cinco votos positivos máis e que ninguén máis vote en contra... vexo dificil que cheguen a votar sequera tres persoas máis, o tema non interesa a tanta xente, xa bo é que votaron tres a estas alturas. Piquito (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 22:36 (UTC)[responder]
- Piquito, síntocho pero é o meu parecer, pode que sexa máis doado para alguén buscar directamente na táboa, pero eu prefiro un artigo con máis texto e menos táboas que un que este cheo de táboas. Ao mellor son demasiado severo, pero non me gusta para ser de calidade. --Gobraves (conversa) 13 de febreiro de 2015 ás 16:22 (UTC)[responder]