Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Premio Sakharov
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Premio Sakharov[editar a fonte]
Votación PECHADA: Rexeitado
Período de votación: 11 de xuño de 2021 - 11 de xullo de 2021
SI: 4 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 11 de xuño de 2021 ás 11:41 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 11-06-2021 ata o 11-07-2021.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo traducido dende a versión en inglés, onde é artigo de calidade, sobre un dos premios máis prestixiosos dos dereitos humanos e a liberdade de pensamento. Conta con abondosas imaxes dos galardoados e referencias. --Breogan2008 (conversa) 11 de xuño de 2021 ás 11:41 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 11 de xuño de 2021 ás 11:41 (UTC)[responder]
- Concordo--Pablo Usuario (conversa) 12 de xuño de 2021 ás 10:24 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 12 de xuño de 2021 ás 12:00 (UTC)[responder]
- Concordo, aínda que sigo considerando mellorable a redacción como indiquei abaixo. Piquito (conversa) 10 de xullo de 2021 ás 21:22 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Sinalar que na versión en inglés en realidade non é artigo de calidade, senón lista de calidade, unha categoría que aquí non temos. One2 (conversa) 11 de xuño de 2021 ás 20:30 (UTC)[responder]
- Comentario. Penso que sería bo mudar as frases "o nome do galardoado anúnciase a finais de outubro" por "o nome da persoa galardoada anúnciase a finais de outubro"; "Cinco dos galardoados Sakharov foron posteriormente premiados..." por "Cinco das persoas galardoadas co Sakharov foron posteriormente premiados...". Creo que sería un mínimo de neutralización no discurso, sen entrar a mudar "eurodeputados" ou poñer no título da sección "galardoadas e galardoados" (se ben ambas se poderían -e na miña opinión se deberían- facer). Piquito (conversa) 20 de xuño de 2021 ás 13:14 (UTC)[responder]
- Boas Piquito. Non estou de acordo cos cambios que comentas, xa que o premio non se lle concede só a persoas. De feito, a lista recolle organizacións internacionais, asociacións civís e mesmo xornais que recibiron este recoñecemento. Co redactado que propós estamos excluíndo estes premiados e dando a entender erradamente que sempre é unha persoa a que recibe o premio.--Breogan2008 (conversa) 20 de xuño de 2021 ás 16:00 (UTC)[responder]
- Boas Breogan2008, grazas pola túa explicación. Concordo parcialmente co que sinalas, xa que co redactado que propoño si pode entenderse que só se entrega a persoas, con todo non creo que a redacción actual careza deste problema, xa que o uso do "masculino xenérico" conduce á mesma conclusión (se entrega a persoas, non a institucións), polo que considero, en vista do que expós, que o mellor sería mudar a redacción por "o nome da persoa ou institución galardoada anúnciase a finais de outubro" (creo que describe fielmente e sen lugar a ningún equívoco a quen se lle concede o galardón) "Cinco das persoas e institucións galardoadas co Sakharov foron posteriormente premiados..." (creo que o co debe ir, non sei como o ves ti), do mesmo xeito que sería acaído mudar o nome da sección a "persoas e institucións galardoadas" (teño visto seccións con títulos máis longos, non debería ser un problema). Creo que esta mudanza é razoable. Un saúdo e grazas pola proposta, Piquito (conversa) 20 de xuño de 2021 ás 14:13 (UTC)[responder]
- Ola de novo, Piquito. Non estou de acordo unha vez máis co tema do masculino xenérico. Segundo o meu punto de vista, o redactado actual non provoca ningunha confusión e de feito, ao comezo do artigo xa se indica que o premio vai dirixido tanto a persoas como organizacións. Volver especificalo cada vez que se faga referencia a el é repetitivo, non é preciso. Os "galardoados" son homes, mulleres, xornais, institucións, sociedades civís... Un exemplo disto é a oposición venezolana, que non é unha institución. Témonos que decatar que a linguaxe inclusiva tamén pode ser excluínte, e neste caso o uso do masculino xenérico é de feito a mellor maneira de incluír non só ás persoas senón tamén a calquera tipo de organización e é perfectamente correcto dende o punto de vista gramatical. A posible interpretación "sexista" que poida ter o redactado desaparece en canto entendemos que non falamos só de persoas. Por outra banda, si é necesario o co que sinalas nunha das oracións. Un saúdo.-- Breogan2008 (conversa) 20 de xuño de 2021 ás 18:06 (UTC)[responder]
- Xa comentei eu noutras discusións que a cuestión do xenérico nos títulos das páxinas acabaría sendo a cuestión do xenérico na redacción de todo tipo de textos. Estaba claro.--Miguelferig (conversa) 20 de xuño de 2021 ás 19:07 (UTC)[responder]
- Miguelferig, este comentario teu sobra, non achega nada ao debate (que estaba a transcorrer sen ningún tipo de problema, con argumentacións por ambas partes pero con posturas ben definidas), para min é un "troleo". Piquito (conversa) 10 de xullo de 2021 ás 21:22 (UTC)[responder]