Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Claudio Abbado
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Claudio Abbado[editar a fonte]
Votación PECHADA: Artigo de calidade.
Período de votación: 9-6-2014 - 10-7-2014
SI: 7 — NON: ningún — NEUTRO: ningún — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 9 de xuño de 2014 ás 16:45 (UTC) (Período de votación: dende o 09-06-2014 ata, polo menos, o 24-06-2014)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Propoño por segunda vez este artigo. Agora xa non é un artigo de actualidade, mais creo que segue a ter as mesmas virtudes que cando o propuxen a primeira vez. Na proposta de febreiro non houbo case participación (tan só votou unha persoa e non houbo comentarios de posibles melloras por parte de ningún outro usuario que non fora eu), se cadra agora cos avisos das votacións para calidade máis xente se anima a votar ou a propoñer melloras. Creo que estaba listo para calidade en febreiro e o sigo pensando agora. --Piquito (conversa) 9 de xuño de 2014 ás 16:45 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo --Alberte Si, dígame? 10 de xuño de 2014 ás 20:33 (UTC)[responder]
- Concordo--Miguelferig (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 20:54 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 11 de xuño de 2014 ás 20:33 (UTC)[responder]
- Concordo Non son nada experto en materia de música clásica pero, visto desde fóra, paréceme un artigo completo e ben estruturado. Eu lino con interese. Servando2 (Dime) 11 de xuño de 2014 ás 22:36 (UTC)[responder]
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2014 ás 13:18 (UTC)[responder]
- Concordo.--Gobraves (conversa) 25 de xuño de 2014 ás 12:07 (UTC)[responder]
- Concordo.--Tommyhilfiger (conversa) 27 de xuño de 2014 ás 10:45 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario Anoto algunhas cousas que non sei se están ben ou non entendo:
- no apartado "Estudos e debut" o último parágrafo ten frases demasiado longas e liosas, penso que habería que facerlle uns arranxiños na redacción. Feito!, acurtei as frases e creo que agora está máis claro. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 07:57 (UTC)[responder]
- no apartado "La Scala": non me cadra moi ben que esté como artigo principal o do teatro, realmente ese artigo non é unha ampliación do artigo de Abbado, é un artigo independente. Penso que mellor iría nunha sección de Outros artigos. Logo outra cousa, a frase "alongando a tempada baixando os prezos das entradas" é correcta?, non será "alongando a tempada E baixando os prezos das entradas"?. Feito!
- no apartado "Milán, Londres e Viena":
- Principal Director Convidado, non será Director Principal Convidado? Principal Director Convidado é correcto, é un vínculo que un director ten cunha orquestra, polo que é chamado todos os anos para dirixir un ou varios programas a pesar de non ser o director titular. As orquestras invitan cada tempada a directores para distintos programas e ás veces hai un principal ao que chaman cada ano. É a mesma relación que ten Jesús López Cobos coa Orquestra Sinfónica de Galicia, por exemplo. Piquito (conversa) 17 de xuño de 2014 ás 20:01 (UTC) Deixo unha referencia que apoia Principal Director Convidado, é da OSG, e pode verse aquí se alguén ten algunha duda. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 07:46 (UTC)[responder]
- a frase, "organizando tamén en 1983 o Webern Festival, ao ano seguinte un ciclo sobre Beethoven.[25]", será "organizando tamén en 1983 o Webern Festival, E ao ano seguinte un ciclo sobre Beethoven.[25]"? Feito!
- á frase, "En 1985 escenificouse, sen dúbida o poñer á LSO e ao Barbican Centre no centro da atención internacional co inicio da súa relación.", non lle pillo o senso, paréceme que falta algo. Feito!, deille unha volta e retoquei a redacción, porén non vexo moi clara a frase tampouco na referencia (vamos, que non a acabo de entender), así que deixo aquí a referencia da web de LSO por se alguén lle quere votar un ollo. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 08:04 (UTC)[responder]
- na frase, "Aínda así, Abbado mantivo unha constante relación con Austria cando en 1994 lle ofreceron o cargo de director artístico do Festival de Pascua de Salzburgo, fundado en 1967 por Herbert von Karajan.[34]" creo que habería que mellorar a redacción. Tamén sería interesante indicar se aceptou ou non e eu quitaría que o Festival o fundou Karajan. Propoño "Aínda así, Abbado mantivo unha constante relación con Austria, de feito en 1994 lle ofreceron o cargo de director artístico do Festival de Pascua de Salzburgo.[34]". Feito!, deixo tamén unha referencia da web do festival que indica que aceptou o cargo, tamén deixei que o creara Karajan porque creo que é interesante ver a relación que tivo co director austriaco, sucedéndoo en Berlín e dirixindo o festival que el creou, é interesante e creo que tampouco molesta. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 07:49 (UTC)[responder]
A ver se podo revisar os seguintes apartados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2014 ás 09:45 (UTC)[responder]
ComentarioUnha mellora no artigo sería que tódalas referencias indicaran o idioma das mesmas co marcador de idioma de cada unha delas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2014 ás 10:02 (UTC)[responder]
A eso estou agora, e dándolle os modelos ás referencias. Porén estaría ben que HombreDHojalata puxera os modelos das tres fontes que indicou na páxina de conversa do artigo, xa que eu non teño eses datos. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 08:21 (UTC)Feito! Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 15:12 (UTC)[responder]
Comentario Máis cousiñas:
- no apartado Etapa na Berliner Philharmoniker:
- O apartado comeza falando dun revés (e realmente non foi un revés, foron dous, que non lle deron a orquestra de Chicago e que lle renegociaron á baixa o contrato da outra) e punto e seguido, sen transición nin nada di que o fan director doutra orquestra. Penso que habería que cambiar un pouco iso, habería que poñer que sufriu un par de reveses, ou algo así, e estaría ben que se indicaran as datas, polo menos aproximadas, destes sucesos, non poñer simplemente 1989 porque comezando así a frase parece que todo o ano foi malo, e é todo o contrario xa que nese ano conseguíu ser o director da Berliner. Quizais habería que pasar o da Berliner a outro parágrafo e comezar a frase de forma un chisco distinta, en vez de "A tarde do 8 de outubro de 1989," quizais iría mellor "A pesares destes reveses, a tarde do 8 de outubro de 1989,". Feito!, retoquei a redacción e engadín referencia. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 14:28 (UTC)[responder]
- O parágrafo do 26 de abril de 1992 remata con "xunto cos coros Ernst Senff, Philharmonic e o Coro da Radio de Berlín." Os nomes dos coros están ben? son o coro "Ernst Senff", o coro "Philharmonic" e o "Coro da Radio de Berlín"? Ernst Senff Choir, Rundfunkchor Berlin, o Philharmonic non o atopo, pero podería ser ou que daquela tivera coro, ou que sexa un coro de Berlín
- no apartado Morte:
- Neste apartado úsase o termo "maestro" que non está no RAG. Non sei se no campo da música é aceptada como forma culta, igual que pasa con padre. Se non é así entón hai que cambialo por mestre. Ata onde eu sei o termo "maestro" é sinónimo de director de orquestra, vén do italiano e se emprega en portugués e moitas outras linguas (creo que xermánicas tamén, ou en inglés, aquí podes ver o que din na wiki en inglés). Non ten nada que ver cun mestre, non ensina... non sei se o RAG recolle mestre para este caso, pero eu non me fío nada desa fonte no que respecta á música. Empreguei o termo maestro para non dicir tantas veces e tan seguidas "director de orquestra", se queredes se pode cambiar, pero non creo que mestre sexa a mellor opción, así que o cambiaría por director. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 12:55 (UTC)[responder]
- no apartado Vida persoal:
- Cando fala do sobriño eu quitaría o texto "(o fillo do seu irmán Marcello, nado en 1926, que é compositor e pianista)", esa información deberá estar no artigo do sobriño, para min sobra aquí. Non creo que sobre, podería ser o fillo de Luciana ou Gabriele... a aclaración de que seu pai é músico tamén non está mal, así se ve que seguiu a tradición familiar. En calquer caso creo que é un detalle menor, non afecta á calidade do artigo e a súa presenza non creo que moleste a ninguén. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 13:46 (UTC)[responder]
- Xa, non afecta á calidade do artigo, está claro, por esta frase o artigo non deixa de ser excelente. De tódolos xeitos eu penso que pode deixarse que era o fillo de Marcello, está ben aclaralo, pero o resto a min sóbrame (data de nacemento do irmán e traxectoria, iso é un microartigo dentro do CAD dunha persoa que ten ligazón propia no mesmo artigo. Ó revisar isto vexo que esa información xa se indica, máis ou menos, ó comezo do artigo, co cal está repetida, razón de máis para quitalo aquí), se quero saber algo sobre a historia do sobriño ou do irmán xa consultarei os seus artigos. O artigo é moi completo e non precisa desviarse do "obxectivo", todo o contrario. Eu penso que realmente non é necesario incluír esa información nese punto, pero tampouco é unha montaña, simplemente é un grao de area, de feito agora mesmo voto a favor deste artigo de calidade porque a cumple sen problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2014 ás 13:18 (UTC)[responder]
- no apartado Labor social:
- No primeiro parágrafo di que fundou tres orquestras para xóvenes e engade: "tres orquestras que reuniron a músicos de toda Europa e da que posteriormente xurdiu a Mahler Chamber Orchestra.[60] " Isto quere dicir que a "Mahler Chamber Orchestra" xurdiu das tres? se é así entón hai que cambiar ese texto por "tres orquestras que reuniron a músicos de toda Europa e da>>S<< que posteriormente xurdiu a Mahler Chamber Orchestra.[60] ", se non derivou das tres entón hai que redactar a frase. Feito!, esquecinme do s. Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 13:53 (UTC)[responder]
E outra pequena mellora: poñer as ligazóns internas só na primeira aparición dos termos. Cando remate de revisar tódolos apartados revisarei as cousas que xa se amañaron. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 12:24 (UTC)[responder]
Comentario No apartado de "Características", a cita di " se controlaba moito e pensaba demasiado na técnica porque non estaba seguro de min mesmo e tamén porque non quería dirixir de xeito moi chamativo." Ese "se controlaba moito" non me cadra co resto da frase, penso que debe haber algo incorrecto pero como a referencia é dun libro que non teño non a podo revisar, a ver se alguén pode consultala. Xa rematei de revisar os apartados, seguirei revisando outras cousiñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 13:28 (UTC) Feito! A cita reproducía exactamente o que pon o libro de Matheopoulos, polo que case seguro é un erro de imprenta, deberon cambiar un "m" por un "s". Xa está en primeira persoa, xa que o libro indica que é unha cita textual de Abbado, como se pode ver na páxina 64 do libro (hai unha ligazón ao libro en google books na sección de bibliografía). Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 13:41 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Artigo de calidade.
Período de votación: 02-02-2014 - 05-03-2014
SI: 1 — NON: ningún — NEUTRO: ningún — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Claudio Abbado (proposta de febreiro de 2014)
- Proposto por: Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 00:52 (UTC) (Período de votación: dende o 02-02-2014 ata o 04-03-2014)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completo e amplamente referenciado, con bibliografía, ilustrado (a pesar da falta de imaxes da propia persoa), ligado a proxectos irmáns, penso que correctamente categorizado (se cadra se poderían engadir categorías para directores das orquestras) e que non é moi técnico. Creo que o lector pode coñecer amplamente a figura do director de orquestra italiano. É un artigo de actualidade (non hai nin 15 días que faleceu) sobre unha personalidade moi destacada na música clásica que contribuíu á formación de novas xeracións de músicos europeos (entre eles galegos) --Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 00:52 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 13:48 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Agradezo calquer proposta de mellora do artigo, e se considerades que hai algo que se poda ampliar tentarei facelo (e se alguén se anima será benvido tamén). Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 00:52 (UTC)[responder]
- Comentario. Esta tarde ou mañán pola mañán ampliarei un pouco a sección de "Características" e engadirei algunha pincelada das fontes citadas por HDH e da web da Orquestra do Festival de Lucerna. Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2014 ás 10:22 (UTC)[responder]
- Ampliei un pouco estes días o contido do artigo, non sei qué máis necesita para ser elixido artigo de calidade. Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 18:25 (UTC)[responder]