Wenfu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wenfu (文赋)
Autor/aLu Ji
OrixeChina
LinguaChinés clásico
Tema(s)Literatura
Xénero(s)Poesía fu
Data de pub.Século III
editar datos en Wikidata ]

O Wenfu (chinés tradicional: 文赋; chinés simplificado: 文赋; pinyin: Wénfù; Wade-Giles: Wen2-fu4) é unha das grandes poéticas chinesas, así como unha obra importante no desenvolvemento do xénero de poesía fu.[1] O seu autor, Lu Ji (261-303), emprega o verso para expoñer os fundamentos filosóficos da poesía e as súas formas retóricas.[1]

A súa influencia na literatura chinesa só é comparable á do Wenxin diaolong (século V), de Liu Xie.

Título[editar | editar a fonte]

Wenfu podería traducirse literalmente como "fu sobre a literatura" ou "fu sobre a escrita". Neste sentido, ten recibido diversos nomes en linguas occidentais, tales como Ensaio sobre a literatura, Exposición poética sobre a literatura ou Rima en prosa sobre a literatura.[2] En castelán, vertiuse como Prosopoema sobre a arte da escrita.[3]

Contidos[editar | editar a fonte]

O Wenfu destaca por ser tanto unha exposición sobre teoría da literatura como unha peza de literatura en si mesma.[1] A obra introduciu novos termos para a análise literaria, que continuarían a ser influentes durante séculos.[1] O Wenfu é unha composición rimada mais, ao empregar patróns irregulares, ten sido traducido como prosopoema ou prosa rimada.[2][3]

Lu Ji considera cuestións sobre a filosofía da mente e a súa base cosmolóxica, inspirado en fontes neodaoístas (por exemplo, o filósofo Wang Bi).[1][4] A súa perspectiva considera ao poeta como unha entidade que viaxa polo microcosmos do seu propio espírito. Estas teses filosóficas preséntanse en forma de equiparacións de termos considerados en equilibrio, á maneira propia do fu, que adoita empregar catálogos ou listaxes de elementos. Por exemplo, Lu equipara o que o poeta aprende pensando co que aprende dos libros. Estas identidades amplíanse a diferentes contextos, xogando con afirmacións e negacións para evitar tomar partido por unha soa perspectiva.[1]

Influencia[editar | editar a fonte]

O Wenfu inspirou a multitude de poetas modernos, coma Ezra Pound, Gary Snyder, Howard Nemirov, Eleanor Wilner ou Carolyn Kizer, entre outros.[1]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Owen, Stephen (1992). Readings in Chinese Literary Thought (en inglés). Harvard Univ Asia Center. ISBN 978-0-674-74921-4. 
  2. 2,0 2,1 Fang, Achilles (1951). "Rhymeprose on Literature The Wên-Fu of Lu Chi (A.D. 261-303)". Harvard Journal of Asiatic Studies 14 (3/4): 527–566. ISSN 0073-0548. doi:10.2307/2718186. 
  3. 3,0 3,1 "Wen Fu: Prosopoema del arte de la escritura". El Español (en castelán). 2011-02-04. Consultado o 2024-02-19. 
  4. 4,0 4,1 Durá, Manuel. "Wen fu. Prosopoema del arte de la escritura" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2024. Consultado o 2024-02-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]