O wannanosaurus é un xénero representado por unha única especie de dinosauromarxinocéfalo e paquicefalosauriano que viviu ao remate do períodocretáceo, aproximadamente hai 80 millóns de anos, no campaniano no que hoxe é Asia. Os seus restos fósiles atopáronse en sedimentos de arenita vermella da Formación Xiaoyan, en Anhui, China, que constitúen a especie tipo, W. yansiensis descuberta por Lian-Hai Hou en 1977.[1] Os restos consisten nun esqueleto parcial, que inclúe parte da cúpula cranial e parte da mandíbula,, un fémur e unha tibia, parte das costelas e outros fragmentos. Debido á súa cúpula plana con grandes aberturas considérase como un primitivo paquicefalosauriano.[1][2]. O fémur só medía 8 cm, e pénsase que non chegaban ao metro de longo, estimando en arredor de 60 centímetros o exemplar coñecido[1], as súas suturas craniais estaban fusionadas o que denotaba que xa era adulto ao morrer.[3] Durante algún tempo clasificouse como homalocephalidae, familia que caeu en desuso,[4][5] e que agrupaba os paquicefalosaurianos sen cupúlas en forma de domo.[2]
↑ 1,01,11,2Hou Lian-Hai (1977). "A new primitive Pachycephalosauria from Anhui, China". Vertebrata PalAsiatica15 (3): 198–202.
↑ 2,02,1Maryańska, Teresa; Chapman, Ralph E.; and Weishampel, David B. (2004). "Pachycephalosauria". En Weishampel, David B.; Dodson, Peter; and Osmólska, Halszka (eds.). The Dinosauria (2nd ed.). Berkeley: University of California Press. pp. 464-477. ISBN0-520-24209-2.
↑Maryańska, Teresa (1990). "Pachycephalosauria". En Weishampel, David B.; Dodson, Peter; and Osmólska, Halszka (eds.). The Dinosauria (1st ed.). Berkeley: University of California Press. pp. 564–577. ISBN0-520-06727-4.
↑Sues, Hans-Dieter; Galton, Peter M. (1987). "Anatomy and classification of the North American Pachycephalosauria (Dinosauria: Ornithischia)". Palaeontographica Abteilung A198 (1-3): 1–40.
↑Richard J. Butler, Jin Liyong, Chen Jun, Pascal Godefroit (2011). "The postcranial osteology and phylogenetic position of the small ornithischian dinosaur Changchunsaurus parvus from the Quantou Formation (Cretaceous: Aptian–Cenomanian) of Jilin Province, north-eastern China". Palaeontology54 (3): 667–683. doi:10.1111/j.1475-4983.2011.01046.x.