Walter Kasper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Walter Kasper
WalterKasperCard 200806.png
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 05 de marzo de 1933 (85 anos) en Heidenheim an der Brenz, Baden-Württemberg
Ordes
Ordenación sacerdotal 6 de abril de 1957, por Carl Joseph Leiprecht
Consagración episcopal 17 de xuño de 1989, por Oskar Saier
Creado cardeal 21 de febreiro de 2001, por Xoán Paulo II
Presidente do Consello Pontificio para Promover a Unidade dos Cristiáns
Cardeal-Presbítero de Ognissanti in Via Appia Nuova
2001 - 2010
Predecesor Edward Idris Cassidy
Sucesor Kurt Koch
Outros
Coat of arms of Walter Kasper.svg
Escudo de Walter Kasper
Ficha en catholic-hierarchy.org

Walter Kasper, nado en Heidenheim an der Brenz (Baden-Württemberg) o 5 de marzo de 1933, e un cardeal alemán, presidente do Consello Pontificio para Promover a Unidade dos Cristiáns entre 2001 e 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da diocese de Rottenburg o 6 de abril de 1957 polo seu bispo, Carl Joseph Leiprecht.

O 17 de abril de 1989 foi nomeado bispo de Rottenburg-Stuttgart. Recibiu a ordenación episcopal o 17 de xuño, de mans do arcebispo de Friburgo Oskar Saier.

O 16 de marzo de 1999 foi nomeado secretario do Consello Pontificio para Promover a Unidade dos Cristiáns, deixando o 31 de maio a súa diocese e marchando a Roma.

O 21 de febreiro de 2001 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal co título de Cardeal-Diácono de Ognissanti in Via Appia Nuova, e o 3 de marzo pasou a presidir o devandito consello pontificio. O 1 de xullo de 2010 retirouse como presidente emérito, e aos poucos meses foi elevado ao rango de Cardeal-Presbítero.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Georg Moser
 Bispo de Rottenburg-Stuttgart 
1989 - 1999
Sucesor:
Gebhard Fürst
Predecesor:
Edward Idris Cassidy
 Presidente do Consello Pontificio para Promover a Unidade dos Cristiáns 
2001 - 2010
Sucesor:
Kurt Koch

Notas[editar | editar a fonte]