Vulcăneşti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Vulcăneşti (en cirílico Вулкэнешть, en ruso Вулканешты) é unha cidade da Unidade Territorial Autónoma de Gagauzia (en romanés: Unitatea Teritorială Autonomă Găgăuzia), na república de Moldavia. Segundo o censo de 1989, a cidade tiña 18.072 habitantes, dos cales 11.990 son gagauz, 2.225 de etnia romanesa (moldovos), 1.723 rusos, 1.013 ucraínos, 841 búlgaros e 280 doutras etnias/nacionalidades.