Voo 980 de Eastern Air Lines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 980 de Eastern Air Lines
Boeing 727 semellante ao do accidente
Resumo
Data  1 de xaneiro de 1985
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  monte Illimani
Coordenadas  Coordenadas: 16°38′10″S 67°47′21″O / -16.63611111, -67.78916667
Orixe  aeroporto Silvio Pettirossi
Destino  aeroporto de Miami
Finados  29
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 727-225 Advanced
Operador  Eastern Air Lines
Rexistro  N819EA
Pasaxeiros  19
Tripulación  10
Superviventes  0

O voo 980 de Eastern Air Lines era un servizo regular internacional entre Asunción e Miami. O 1 de xaneiro de 1985, mentres descendía cara A Paz, Bolivia, para realizar unha escala, o Boeing 727 que operaba o voo chocou contra o monte Illimani a unha altura de 6 000 metros, matando ás 29 persoas a bordo.

Os restos quedaron espallados por unha grande área dun glaciar cuberto con neve. Co pasao das décadas, varias espedicións de busca só foron capaces de recuperar pequenas cantidades de retos do aparello, e as buscas das caixas negras non tiveron éxito. Trátase do voo controlado contra o terreo a maior altitude da historia da aviación comercial.

Accidente[editar | editar a fonte]

O voo 980 engalou de Asunción ás 17:57 do 1 de xaneiro de 1985. A bordo había 19 pasaxeiros e 10 tripulantes.

A tripulación de voo estaba formada polo capitán Larry Campbell, o primeiro oficial Kenneth Rhodes e o enxeñeiro de voo Mark Bird. A tripulación de cabina estaba formada por cinco asistentes chilenos: Paul Adler, Pablo Letelier, Marilyn MacQueen, Robert O'Brien e Paula Valenzuela.

Os 19 pasaxeiros eran de Paraguai, Corea do Sur e Estados Unidos. Entre os pasaxeiros estaba a muller do embaixador estadounidense de Paraguai, Marian Davis, e dous pilotos de Eastern.

Ás 19:37 o piloto díxolle aos controladores na Paz que estimaba aterrar ás 19:47. A tripulación foi autorizada para descender de 25 000 pés a 18 000. Nalgún momento despois deste cambio, o avión desviouse significativamente do seu curso por razóns descoñecidas, posiblemente para evitar a mala meteoroloxía. O accidente ocorreu a 25 millas da pista 9R do aeroporto El Alto.[1]

Investigación in situ[editar | editar a fonte]

En outubro de 1985 a Xunta Nacional de Seguridade no Transporte estadounidense (NTSB) seleccionou a Greg Feith, un investigador de seguridade aérea, para liderar un equipo de investigadores estadounidenses e guías de montaña bolivianos para realizar un exame in situ dos restos do voo 980, que se atopaban a 6 126 metros. Feith realizou a investigación no lugar do accidente co obxectivo de atopar a gravadora de datos de voo (FDR) e a gravadora de voces da cabina (CVR), ademais de recuperar outra información crítica; porén, debido a que os restos estaban espallados por unha vasta área e cubertos por entre 6 e 9 metros de neve, o equipo foi incapaz de localizar ningunha das caixas negras. Recóperáronse pequenas partes da cabina de mando do avión, documentos oficiais relacionados co voo e algúns obxectos da cabina de pasaxeiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 727-225 N819EA Nevado Illimani". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 2018-12-13.