Illimani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 16°38′00″S 67°47′27″O / -16.63333, -67.79083

O Illimani dende A Paz, Bolivia.

O Illimani, con 6.438 metros sobre o nivel do mar, é unha montaña de Bolivia, situada preto da cidade de A Paz. É a maior altura da Cordilleira Real e a segunda de Bolivia (detrás do Sajama, que pertence á Cordilleira Occidental (Bolivia). Atópase situado na Provincia Pedro Domingo Murillo.

O Illimani é un enorme macizo de máis de 8 km de lonxitude e catro cumes que exceden os 6.000 msnm, estas discorren de noroeste a sueste, e delas é o último nevado da Cordilleira Real de norte a sur; polo norte o cordón comeza co Nevado Illampu e termina polo sur co Illimani (suroeste).

Dende enriba, no cume, domínase o altiplano, o lago Titicaca, até o Perú, o Sajama até Chile e os vales baixando cara á Amazonia.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Existe consenso sobre a orixe prehispánico do nome Illimani, pero coñécense diversas interpretacións e denominacións paralelas coas que se designaba esta montaña. Os poboadores aimarás que habitaban a cidade chamábano Illemana, por onde nace o sol; outros o denominaban Jilir - Mamani ou o fillo máis vello.

O cumio da esquerda coñecíase como Khunu Urucuncu, oso de neve; á cima central, Chapa Punku ou porta de espuma, e á da dereita Khunu Chaubiri, miradoiro de neve.