Saltar ao contido

Voo 965 de American Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 965 de American Airlines
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
Características
 Representado por
 Nave
Datas
 Data
20 de decembro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
 Membro da tripulación
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   4 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   159 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   4 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/025zf0 Editar o valor en Wikidata
Matrícula aeronaveN651AA Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 965 de American Airlines era un voo regular entre o aeroporto de Miami e o aeroporto Alfonso Bonilla Aragón en Cali, Colombia. O 20 de decembro de 1995 o Boeing 757-200 que operaba a ruta, con rexisto N651AA,[1] esnafrouse contra unha montaña en Buga, Colombia, matando 151 dos 155 pasaxeiros e os 8 tripulantes.[2] O accidente foi o primeiro dun 757 de propiedade estadounidense e é o peor accidente de aviación ocorrido en Colombia. No seu momento foi o accidente con máis mortos dun 757, superado polo voo 301 de Birgenair con 189 vítimas mortais ocorrido sete semanas despois. Cinco pasaxeiros, todos sentados na mesma zona do avión, sobreviviron ao impacto inicial, pero un morreu dous días despois polas súas feridas.[3]

A Unidade Administrativa Especial de Aeronáutica Civil colombiana investigou o accidente e determinou que foi causado por erros de navegación da tripulación de voo.[4]

O aparello era un Boeing 757-223 con rexistro N651AA. Voara por vez primeira o 12 de agosto de 1991, e fora o 390 Boeing 757 construído. O avión estaba equipado con dous motores Rolls-Royce RB211.

  1. FAA (ed.). "FAA Registry (N651AA)". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-10.
  2. CNN (ed.). "American Airlines jet crashes in the Andes". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 2018-12-10.
  3. "Miracle on the Mountain". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 2018-12-10.
  4. "Informe do accidente". Unidade Administrativa Especial de Aeronáutica Civil. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2009.