Voo 707 de Aerolíneas Argentinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 707 de Aerolíneas Argentinas
Avro 748 semellante ao do accidente
Resumo
Data  4 de febreiro de 1970
Causa  turbulencias
Lugar  Loma Alta, Arxentina
Coordenadas  Coordenadas: 26°45′54″S 58°48′00″O / -26.765, -58.8
Orixe  aeroporto Silvio Pettirossi
Derradeira escala  aeroporto de Rosario-Illas Malvinas
Destino  aeroporto Ministro Pistarini
Finados  37
Aeronave
Tipo de aeronave Avro 748
Operador  Aerolíneas Argentinas
Rexistro  LV-HGW
Pasaxeiros  33
Tripulación  4
Superviventes  0

O voo 707 de Aerolíneas Argentinas era un servizo internacional de pasaxeiros entre Asunción e Buenos Aires, con escalas en Formosa, Corrientes e Rosario, operado cun Avro 748-105 Srs. 1, con rexistro LV-HGW, chamado Ciudad de Bahía Blanca, que se esnafrou o 4 de febreiro de 1970 preto da cidade de Loma Alta, na Arxentina.[1][2]

Accidente[editar | editar a fonte]

Mentres se atopaba en ruta na terceira parte do seu percorrido entre o aeropuerto Doctor Fernando Piragine Niveyro e o aeroporto de Rosario-Illas Malvinas o avión voou cara a un cumulonimbus; os pilotos perderon o control do aparello despois de atoparse con fortes turbulencias e o avión esnafrouse contra o chan.[1] Os 37 ocupantes do aparello, 33 pasaxeiros e 4 tripulantes, morreron no accidente.[1]

Causa[editar | editar a fonte]

A perda de control do avión e a colisión co terreo debeuse a que o aparello que atopou cunha zona con condicións meteorolóxicas adversas e fortes turbulencias.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Avro 748-105 Srs. 1 LV-HGW Loma Alta, CH". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-11. 
  2. "Accident and incident review: February and March, 1970". Flight International. Consultado o 2018-12-11.