Formosa, Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Formosa, Arxentina
CostaFormoseña.jpg
Costa da cidade de Formosa.

Formosa é a cidade capital da provincia homónima e capital tamén do Departamento Formosa. Encóntrase na marxe dereita do río Paraguai, a aproximadamente 850 km de Rosario, e a 1200 km da cidade de Buenos Aires. É o centro político, administrativo e cultural máis importante da provincia, como así tamén a cidade máis poboada da mesma. É sede da Universidade Nacional de Formosa, sub-sede da Universidade da Cunca do Prata, da Universidade Católica de Salta, de institutos terciarios de formación docente e profesional. Ten museos, teatros, centros culturais e recreativos, estadios deportivos, amplas avenidas arboradas e grandes prazas e parques.

Cos seus 234.354 habitantes (ano 2010), a cidade é unha das 20 cidades máis populosas da Arxentina. Segundo datos do INDEC, no 2010 a cidade tivo o segundo índice de desemprego máis baixo do país cun 2,2%.[1]

A cidade atópase nunha extensa chaira, a unha altura media de 57 msnm, nun canón sobre o río Paraguai. Nas proximidades atópanse lagoas, brañeiras e regatos. A lagoa máis importante é a lagoa Oca, antigo curso do río Paraguai declarada en 2001 Reserva da biosfera.

A cidade divídese en dous sectores ben diferenciados polo regacho Formosa. A marxe esquerda empezou a poboarse na década de 1980 e encóntrase en pleno desenvolvemento, tendo unha poboación estimada de case 95.000 habitantes; sendo a marge dereita onde se concentra a maior parte da poboación.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Crese que o nome Formosa provén do latín «formosus» (fermoso) e que lle sería dado polos conquistadores españois ao navegar polo río Paraguai.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]