Voo 322 de Aerolíneas Argentinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 322 de Aerolíneas Argentinas
Comet 4 semellante ao do accidente
Resumo
Data  23 de novembro de 1961
Causa  erro do piloto
Lugar  a 2 km do aeroporto de Viracopos
Coordenadas  Coordenadas: 23°01′28″S 47°06′24″O / -23.02455556, -47.10670833
Orixe  Aeroporto Ministro Pistarini
Derradeira escala  aeroporto de Piarco
Destino  aeroporto de Idlewild
Finados  52
Aeronave
Tipo de aeronave de Havilland DH-106 Comet 4
Operador  Aerolíneas Argentinas
Rexistro  LV-AHR
Pasaxeiros  40
Tripulación  12
Superviventes  0

O voo 322 de Aerolíneas Argentinas era un servizo regular entre Buenos Aires e Nova York, con escalas en São Paulo e Porto España operado cun de Havilland Comet 4, con rexistro LV-AHR,[1] que se esnafrou trepando durante as primeiras fases da súa segunda parte, cando chocou con tres árbores pouco despois de engalar do aeroporto de Viracopos o 23 de novembro de 1961.[2] Houbo 52 vítimas mortais, 40 delas pasaxeiros.[3][4][5]

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión chegou de Buenos Aires e aterrou no aeroporto de Viracopos-Campinas, a 100 km ao norte de São Paulo para facer unha escala. Engalou ás 05:38 dirixíndose cara ao aeroporto de Piarco, na illa Trinidad, sendo Nova York o seu destino final. Despois de chegar a unha altitude dus 100 metros (330 pés), o avión perdeu altura, chocou contra varios eucaliptos e esnafrouse contra o chan. Os seus tanques de combustible estouparon no impacto. As 52 persoas a bordo morreron no accidente.[3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident de Havilland DH-106 Comet 4 LV-AHR São Paulo/Campinas-Viracopos International Airport, SP (VCP)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-21. 
  2. "The Aerolineas Comet Accident". Flight International. Consultado o 2018-12-21. 
  3. 3,0 3,1 "Informe do accidente". Ministerio do Aire do Brasil. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 2018-12-21. 
  4. "52 Killed in Crash of Argentine Jet - Hits After Takeoff in Brazil - Craft Was Bound for New York City". Associated Press, in The Capital Times, Madison, WI. 23 de novembro de 1961
  5. "Jetliner Crashes, Burns in Brazil, 52 Feared Dead". Associated Press in Press-Telegram, Long Beach, CA. 23 de novembro de 1961
  6. Press, the Associated (1961-11-24). "ALL 52 ON JET DIE IN BRAZIL CRASH; Argentine Comet Dives to Earth Just After Taking Off -- American Aboard All 52 on Argentine Jet Killed In Crash on Take-Off in Brazil". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-22.