Voo 213 de Bhoja Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 213 de Bhoja Air
O avión accidentado co anterior operador
Resumo
Data  20 de abril de 2012
Causa  cizalladura de vento
Lugar  Rawalpindi, Paquistán
Coordenadas  Coordenadas: 33°39′46″N 72°59′07″L / 33.6627, 72.9852
Orixe  aeroporto Jinnah
Destino  aeroporto Benazir Bhutto
Finados  127
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-236A
Operador  Bhoja Air
Rexistro  AP-BKC
Pasaxeiros  121
Tripulación  6
Superviventes  0

O voo 213 de Bhoja Air era un servizo regular doméstico de pasaxeiros operado pola aeroliña paquistaní Bhoja Air. O 20 de abril de 2012 o Boeing 737-236A que operaba a ruta esnafrouse con mal tempo durante a súa aproximación ao aeroporto Benazir Bhutto, en Islamabad. Os 121 pasaxeiros e 6 tripulantes morreron no accidente. Este era o voo inaugural do segundo servizo diario de Bhoja Air nesa ruta.

Foi o segundo accidente de aviación con máis vítimas mortais en Paquistán,[1] superado polo accidente do voo 202 de Airblue en 2010 onde morreron as 152 persoas a bordo, e é o cuarto peor dun Boeing 737-200.[2]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello era un Boeing 737-236,[3] con rexistro AP-BKC[4] e número de serie 23167, que voara por vez primeira o 13 de decembro de 1984 e fora entregado a British Airways o 7 de xaneiro de 1985 (co rexistro G-BKYI). Posteriormente foi adquirido para operacións con código compartido por Comair (con rexistro ZS-OLB) en xuño de 1999.[3] O avión operou rutas domésticas en Suráfrica ata finais de 2010, cando Comair retirou a súa frota de 737-200, e foi vendido a Bhoja Air en xaneiro de 2012.

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión estaba operando un servizo regular doméstico entre o aeroporto Jinnah de Karachi e o aeroporto Benazir Bhutto de Islamabad, que era o primeiro voo da noitiña da aeroliña en case 12 anos (Bhoja Air pechara anteriormente entre dificultades financeiras no ano 2000, pero reiniciara as súas operacións en marzo de 2012). Había 6 tripulantes e 121 pasaxeiros a bordo.[4] O voo engalou de Karachi ás 17:00 PST (12:00 UTC) e tiña que aterrar en Islamabad ás 18:50 (13:50 UTC). Ás 18:40 PKT o avión esnafrouse a 5,6 km da pista,[4] preto da vila de Hussainabad, Rawalpindi. As 127 persoas a bordo morreron.[5] A aterraxe intentouse no medio dunha forte chuvia e unha tormenta.[6][7] Os informes iniciais suxerían que os pilotos intentaron aterrar no medio de fortes ventos e chuvia, o avión puido voar cara a unha cizalladura inesperada que o mandou contra o chan debaixo súa.[8] Porén, testemuñas dixeron que o avión puidera ser golpeado por un lóstrego antes do accidente, describíndoo como unha "bóla de lume". Un voo Airblue aterrou sen problemas despois do accidente.[4]

O aeroporto pechouse durante tres horas despois do accidente debido á falta de bombeiros. Os servizos de emerxencia baseados no aeroporto foron ao lugar do accidente para axudar os bombeiros que traballaban alí. Os voos afectados polo peche foron desviados ao aeroporto Allama Iqbal, en Lahore.[7] A pesar de que o accidente ocorreu nunha área residencial, non houbo vítimas en terra.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 737-236A AP-BKC Islamabad-Benazir Bhutto International Airport (ISB)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 2019-01-12. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A321-231 AP-BJB Islamabad-Benazir Bhutto International Airport (ISB)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-12. 
  3. 3,0 3,1 "AP-BKC Bhoja Airlines Boeing 737-200". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2019-01-16. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Bhoja B732 at Islamabad on Apr 20th 2012, impacted terrain on approach". The Aviation Herald. Consultado o 2019-01-16. 
  5. "Bhoja Air Boeing 737 crashes in Pakistan, all 127 on board killed (VIDEO, PHOTOS)". RT International (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-17. 
  6. "Bhoja Air crash in Rawalpindi: ‘No chance of survivors’". The Express Tribune (en inglés). 2012-04-20. Consultado o 2019-01-17. 
  7. 7,0 7,1 "Airliner crashes near Islamabad" (en inglés). 2012-04-20. Consultado o 2019-01-17. 
  8. Syed, Baqir Sajjad (2012-04-20). "Wind shear may have caused the tragedy". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 2019-01-17. 
  9. "Pakistan air crash: Bhoja Air owner taken into 'protective custody' - Hindustan Times". web.archive.org. 2012-04-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2012. Consultado o 2019-01-17.