Voo 202 de Airblue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 202 de Airblue
O avión un mes antes do accidente
Resumo
Data  28 de xullo de 2010
Causa  voo controlado contra o terreo
agravado polo mal tempo e
erro do piloto
Lugar  cordilleira Margalla
Coordenadas  Coordenadas: 33°44′23″N 73°03′29″L / 33.739722, 73.058056
Orixe  aeroporto de Jinnah
Destino  aeroporto Benazir Bhutto
Finados  152
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A321-231
Operador  Airblue
Rexistro  AP-BJB
Pasaxeiros  146
Tripulación  6
Superviventes  0

O voo 202 de Airblue era un servizo doméstico regular de pasaxeiros entre o aeroporto de Jinnah e o aeroporto Benazir Bhutto que se esnafrou o 28 de xullo de 2010 preto de Islamabad, a capital de Paquistán, matando os 146 pasaxeiros e 6 tripulantes a bordo.[1] É o peor accidente de aviación ocorrido en Paquistán ata a data.[2][3] O avión, un Airbus A321-231 operado por Airblue, esnafrouse na cordilleira Margalla ao norte de Islamabad.[4] Os controladores de tráfico aéreo perderon o contacto co voo durante o seu intento de aterrar entre unha densa néboa e forte chuvia monzónica.[5]

Foi o primeiro accidente con vítimas mortais dun Airbus A321, unha variante longa do Airbus A320. Baseada en Islamabad, Airblue é a segunda aeroliña máis grande de Paquistán, con máis do 30% do mercado doméstico. No momento do accidente a aeroliña operaba sete avións, todos da familia A320.

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello implicado no accidente era un Airbus A321-231, con rexistro AP-BJB.[6] O avión fora construído no ano 2000, e tiña o número de serie 1218. Este foi o primeiro accidente fatal do A321, e a segunda perda do tipo.[7] O avión fora entregado orixinalmente a Aero Lloyd e fora usado por Aero Flight antes de pasar á frota de Airblue en 2006.[8] O aparello acumulaba máis de 34 000 horas de voo nuns 13 500 ciclos.[9] A aeronave fora golpeada por un lóstrego o 30 de decembro de 2008.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Plane crash in Pakistan kills 152". BBC News (en inglés). 2010-07-28. Consultado o 2018-12-17. 
  2. "Pakistan mourns air crash victims". BBC News (en inglés). 2010-07-29. Consultado o 2018-12-17. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A321-231 AP-BJB Islamabad-Benazir Bhutto International Airport (ISB)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-17. 
  4. Crilly, By Rob (2010-07-28). "Passenger plane crashes outside Islamabad" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2018-12-17. 
  5. "Pakistan Plane Crash Near Islamabad: Airblue Jet Carrying 152 People Crashes In Margalla Hills | World News | Sky News". web.archive.org. 2010-07-31. Archived from the original on 31 de xullo de 2010. Consultado o 2018-12-17. 
  6. "Crash: AirBlue A321 near Islamabad on Jul 28th 2010, impacted mountaineous terrain near the airport". avherald.com. Consultado o 2019-03-13. 
  7. "AirBlue flight 202, A321, crash near Islamabad : Airline Industry Rev…". archive.is. 2013-01-02. Archived from the original on 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 2019-03-13. 
  8. "AirBlue AP-BJB (Airbus A321 - MSN 1218) (Ex D-ALAN D-ARFA ) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2019-03-13. 
  9. "Airblue flight ED 202 accident in Islamabad (Issue I)". Airbus. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2006. Consultado o 2019-03-13. 
  10. Ranter, Harro. "Incident Airbus A321-231 AP-BJB, 30 Dec 2008". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 2019-03-13.