Voo 211 de US-Bangla Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 211 de US-Bangla Airlines
O avión do accidente en 2014
Resumo
Data  12 de marzo de 2018
Causa  baixo investigación
Lugar  aeroporto de Katmandú
Coordenadas  Coordenadas: 27°41′38″N 85°21′39″L / 27.693888888889, 85.360833333333
Orixe  aeroporto de Dacca
Destino  aeroporto de Katmandú
Finados  51
Feridos  20
Aeronave
Tipo de aeronave Bombardier Dash 8 Q400
Operador  US-Bangla Airlines
Rexistro  S2-AGU
Pasaxeiros  67
Tripulación  4
Superviventes  20

O voo 211 de US-Bangla Airlines era un voo regular internacional de pasaxeiros operado por US-Bangla Airlines dende o aeroporto internacional Shahjalal en Dacca, Bangladesh ao aeroporto internacional Tribhuvan en Katmandú, Nepal. O 12 de marzo de 2018 ás 14:18 hora local (08:30 UTC), o avión que operaba o voo, un Bombardier Dash 8 Q400 de 76 asentos, esnafrouse na aterraxe e incendiouse.[1]

Había 67 pasaxeiros e 4 tripulantes a bordo; 51 persoas morreron mentres que 20 sobreviviron con feridas.[2][3][4] Este foi o terceiro accidente dun avión comercial con vítimas no ano 2018, tras os accidentes do voo 703 de Saratov Airlines e do voo 3704 de Iran Aseman.

Avións[editar | editar a fonte]

O avión accidentado era un Bombardier Dash 8 Q400 con rexistro S2-AGU.[5] O avparello foi entregado pror vez primeira a Scandinavian Airlines en 2001, posteriormente foi vendido a Augsburg Airways en 2008 antes de que US-Bangla Airlines o mercase en 2014. No ano 2015 viuse involucrado nun incidente cando esvarou fóra da pista en Saidpur. Non houbo feridos. O avión tivo danos menores e regresou ao servizo oito horas despois.[6]

Accidente[editar | editar a fonte]

O voo saíu do aeroporto internacional Shahjalal en Dacca, a capital de Bangladesh, ás 12:52 hora local (UTC 6:52), levando 67 pasaxeiros e 4 tripulantes, 71 persoas en total, ao aeroporto internacional Tribhuvan en Katmandú, a capital do Nepal. A engalaxe e as etapas do voo de cruceiro transcorreron sen incidentes.[7][8]

A torre de control do aeroporto Tribhuvan inicialmente deulle autorización para aterrar na pista 02, pero a tripulación pediu facelo pola pista 20. A torre de control autorizou entón a aterraxe pola pista 20. Dende a torre preguntaron ao avión polas súas intencións ao que o piloto respondeu "Gustaríame aterrar na 02".[9]

Medios locais informaron que o avión pasou o limiar da pista 02 e aparentemente aterrou antes de esnafrarse. Segundo testemuñas o avión non estaba ben aliñado coa pista.[8] Un dos superviventes destacou que "o avión comezou a comportarse de xeito estraño".[3] Traballadores en terra afirmaron que o aparello balanceouse repetidamente.[7] Mentres aterraba desviouse, saíuse da pista e chocou contra o valado do perímetro do aeroporto.[7] Despois deslizouse e chocou nun campo de fútbol. Un supervivente recordou que mentres o avión estaba aterrando sacudíuse violentamente e esnafrouse, seguido de fortes estoupidos.[8][10] Entón incendiouse tras a rotura dos tanques de combustible. O aparello rompeu en varias partes.[8][11]

Os bombeiros e servizos de emerxencia despregáronse inmediatamente e tardaron uns 15 minutos en apagar as chamas.[12] 31 persoas foron trasladadas a varios hospitais de Katmandú, moitas delas en estado crítico. Os rescatadores atoparon inmediatamente oito corpos no lugar do accidente. Posteriormente atopáronse 32 corpos máis. Morreron 51 persoas no accidente, 40 delas no lugar e as 11 restantes nos hospitais.[7][8][13] O aeroporto estivo pechado durante tres horas debido ao accidente.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kathmandu Tribune (ed.). "US-Bangla plane crashes at TIA runway". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 The Kathmandu Post (ed.). "49 dead in US-Bangla plane crash at Kathmandu airport". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 BBC (ed.). "Nepal air crash: 49 dead as plane veers off Kathmandu runway". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  4. CNN (ed.). "49 dead in plane crash at Nepal's Kathmandu airport". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  5. Planespotters (ed.). "S2-AGU US-Bangla Airlines De Havilland Canada DHC-8-400". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  6. The Aviation Herald (ed.). "Incident: US-Bangla DH8D at Saidpur on Sep 4th 2015, runway excursion after landing". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Firstpost (ed.). "Kathmandu plane crash updates: KP Sharma Oli assures immediate probe, reaches airport to take stock". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 The Indian Express (ed.). "Nepal plane crash highlights: Bangladesh aircraft catches fire at Kathmandu airport, over 50 feared dead". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  9. LiveATC.net (ed.). "Gravación das conversas entre a torre e o avión". Consultado o 15 de marzo de 2018. [Ligazón morta]
  10. The Hindu (ed.). "Lucky to be alive: Nepal plane crash survivor". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  11. Nepali Times (ed.). "US-Bangla plane crashes at TIA". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  12. The New York Times (ed.). "‘Save Me, Save Me’: Scores Dead in Plane Crash in Nepal". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  13. The Independent (ed.). "US-Bangla plane crash: Death toll climbs to 51". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018.