Nazaré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista panorámica da praia da Nazaré.

A Nazaré é unha vila portuguesa, pertencente ao distrito de Leiria, con cerca de 10.300 habitantes.

Localización[editar | editar a fonte]

O actual espazo urbano da vila aglutina tres antigos poboados, Pederneira, Sítio da Nazaré e Praia da Nazaré e novos barrios da segunda metade do século XX, como a Urbisol ou o Rio Novo, xurdidos a consecuencia da expansión natural dos tres núcleos primitivos.

A vila é sede dun pequeno municipio com 80,49 km² de área e 15 158 habitantes (2011), subdividido en 3 freguesías, Nazaré, Valado dos Frades e Famalicão. O municipio é rodeado a norte, leste e sur polo concello de Alcobaça e a oeste confina co Océano Atlántico.

Historia[editar | editar a fonte]

Igrexa de Nossa Senhora da Nazaré.

Os primeiros asentamentos eran inmediatamente sobre zonas costeiras agrupados nos núcleos de Pederneira e Sitio. As poboacións tiveron que se defender de ataques piratas que foron frecuentes ata o século XIX. Sobre as orixes existe a lenda da Nazaré á que fan referencia varios textos históricos.

O municipio, e a freguesía de Nazaré designáranse Pederneira até 1912, ano en que, por lei, o topónimo foi alterado para Nazaré. O antigo concello da Pederneira tivo foro, en 1514, dado por Don Manuel I, e estivo integrado nos coutos de Alcobaça.

A Pederneira, actualmente un dos barrios da vila da Nazaré, mantén aínda o edificio dos antigos pazos do Concello, o pelouriño, a igrexa Matriz da nosa Señora das Areas e a igrexa da Misericordia, como testemuños da súa antiga condición de vila sede de concello.

Vista nocturna do Sítio da Nazaré.

Turismo[editar | editar a fonte]

O atractivo turístico de Nazaré residía antigamente na tipoloxía de vila tradicional mariñeira e nas súas fermosas e grandes praias aínda que actualmente este turismo fixo mudar o urbanismo e sociedade mariñeira da vila. O turismo ten unha grande importancia na economía da vila consolidándose como destino preferente de turismo.

O topónimo Nazaré está intrinsecamente ligado á Lenda da Nazaré.

As freguesías do concello da Nazaré son as seguintes:

  • Famalicão
  • Nazaré
  • Valado dos Frades

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nazaré Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]