Volodymyr Dakhno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1932 ![]() Zaporizhzhia (República Socialista Soviética de Ucraína) ![]() |
Morte | 28 de xullo de 2006 ![]() Kíiv, Ucraína ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Baikove ![]() |
Educación | Kyiv National University of Construction and Architecture (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Cinema de animación ![]() |
Ocupación | director de cinema, guionista, animador, guionista de cinema ![]() |
Empregador | Kievnauchfilm (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Vladymyr Dakhno (en ruso: Владимир Авксентеевич Дахно), nado en Zaporizhia o 7 de marzo de 1932 e finado en Kíiv o 28 de xullo de 2006, foi un animador, director de cine de animación e guionista ucraíno.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dakhno naceu o 7 de marzo de 1932 en Zaporozhye, URSS. Despois da escola ingresou no Instituto Médico de Kíiv. Case de inmediato, trasladouse ó Instituto de Enxeñaría Civil de Kíiv, onde estudou na clase de Joseph Karakis, graduándose en 1955.[2]
Comezou a súa carreira como arquitecto en Kíiv antes de ser invitado a traballar en Kievnauchfilm.
Foi galardoado co Premio Nacional Shevchenko de Ucraína en 1988, e foi Artista do Pobo de Ucraína en 1996.[3] Dakhno foi máis coñecido pola serie de animación Cosacos (Казаки). Traballou en Kievnauchfilm, que dende entón foi rebautizado como Ukranimafilm.
Retirouse na década de 1990 despois da desintegración da Unión Soviética e o peche da produtora cinematográfica.
O 28 de xullo de 2006, Dakhno morreu dun ataque ó corazón mentres durmía na súa casa de Kíiv. Está enterrado no cemiterio de Baikove.[4]
O 7 de marzo de 2013 Google liberou un Doodle na memoria de Dakhno.[5]
Películas
[editar | editar a fonte]YAnoear | Título orixinal | Tradución ó galego |
---|---|---|
1967 | «Як козаки куліш варили» | Como cociñaban os cosacos o Kulish |
1969 | «Як козаки щастя шукав» | Como buscaban os cosacos a felicidade |
1970 | «Як козаки у футбол грали» | Como xogaban ó fútbol os cosacos |
1973 | «Як козаки наречених визволяли» | Como liberaron ás noivas os cosacos |
1975 | «Як козаки сіль купували» | Como mercaron sal os cosacos |
1978 | «Як козаки олімпійцями стали» | Como se converteron en olímpicos os cosacos |
1979 | «Як козаки мушкетерам допомагали» | Como axudaron ós mosqueteiros os cosacos |
1984 | «Як козаки на весіллі гуляли» | Como desfrutaron na voda os cosacos |
1987 | «Як козаки інопланетян зустрічали» | Como coñeceron ós extraterrestres os cosacos |
1995 | «Як козаки у хокей грали» | Como xogaban ó hóckey os cosacos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Автор мультсериала о казаках умер во сне" (en ruso).
- ↑ Юнаков 2016, p. 272.
- ↑ Юнаков 2016, p. 273.
- ↑ Оксана ФАРИНА (2006). "Автор мультсериала о казаках умер во сне.". gazeta.ua (en ruso). Consultado o 26 de xuño de 2015.
- ↑ Doodle: Volodymyr Dakhno's 81st birthday
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Юнаков, О. (2016). Архитектор Иосиф Каракис (en ruso). Алмаз. ISBN 978-1-68082-000-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Volodymyr Dakhno na IMDb (en inglés).
- Volodymyr Dakhno En animator.ru
- Sitio oficial de Ukranimafilm Arquivado 30 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.