Johann Martin Schleyer
Johann Martin Schleyer | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xullo de 1831 e 18 de xuño de 1831 |
Lugar de nacemento | Oberlauda |
Falecemento | 16 de agosto de 1912 |
Lugar de falecemento | Constanza |
Nacionalidade | Grão-ducado de Baden e Imperio Alemán |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | escritor, sacerdote católico, interlinguista, ideolinguista e poeta |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Johann Martin Schleyer, nado o 18 de xullo de 1831 e finado o 16 de agosto de 1912, foi un sacerdote católico alemán que creou a lingua auxiliar volapük.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois da súa ordenación sacerdotal en 1856, Schleyer desempeñou o seu labor pastoral en varias parroquias. Durante a Kulturkampf (conflito entre o Estado e a Igrexa), foi arrestado e pasou catro meses en prisión (en 1875) por predicar contra o socialismo sendo párroco de Krumbach.
Posteriormente, entre 1875 e 1885 traballou na parroquia de Santos Pedro e Paulo en Litzelstetten (xunto ao lago Constanza), onde en 1879 tivo a idea de crear unha lingua que facilitase as relacións entre pobos, á que chamaría volapük. Máis tarde, Schleyer diría que Deus mesmo o guiou neste labor.
Schleyer tamén era editor da revista de poesía católica Sionsharfe. En 1885, retirouse debido a problemas de saúde, e en 1894 o papa León XIII fíxoo prelado. Faleceu en Constanza en 1912.
En 2001 fundouse o Comité Internacional para a beatificación do prelado Johann Martin Schleyer (1831-1912).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johann Martin Schleyer |