Viveca Sten
(2023) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (sv) Viveca Anne Bergstedt 18 de xuño de 1959 Estocolmo |
| Educación | Escola Superior de Economia de Estocolmo (pt) Universidade de Estocolmo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Dereito, actividade literaria, literatura científica e detective literature (en) |
| Lugar de traballo | Estocolmo |
| Ocupación | escritora, empresaria, escritora de xénero policial, avogada, xurista, economista |
| Empregador | Universidade de Estocolmo |
| Xénero artístico | Novela negra, thriller novel (en) |
| Sitio web | vivecasten.se |
Viveca Anne Bergstedt Sten, nada Bergstedt o 18 de xuño de 1959 en Estocolmo,[1] é unha avogada e escritora sueca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viveca está licenciada en dereito pola Universidade de Estocolmo e fixo un mestrado na Escola de Economía de Estocolmo. Traballou como conselleira legal para Amadeus Scandinavia, Letsbuyit.com[2] e PostNord.
Obra
[editar | editar a fonte]Durante varias xeracións a súa familia posuíu unha casa en Sandhamn no arquipélago de Estocolmo e alí pasou todos os veráns da súa infancia. Esas estadas serviron de inspiración para a súa primeira novela, de carácter policial, I de lugnaste vatten publicada en 2008, á que lle seguiron I den innersta kretsen (2009) e I grunden utan skuld (2010) que se converteron en éxitos de vendas e a serie continuou con novos títulos:I natt är du död (2011), I stundens hetta (2012), I farans riktning (2013), I maktens skugga (2014) e I sanningens namn (2015). Os libros venderon máis de dous millóns e medio de exemplares en todo o mundo traducíndose ao inglés, alemán, español, holandés, polaco, xaponés, mais a todas as linguas nórdicas. Os cinco primeiros libros adaptáronse para a pequena pantalla nunha miniserie de TV4: Morden i Sandhamn. Tamén escribiu libros xurídicos
Libros xurídicos
[editar | editar a fonte]- Outsourcing av IT-tjänster (1999)
- Förhandla i affärer (2003)
- Internationella avtal – i teori och praktik (2013)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Viveca Sten en Svensk Filmdatabas
- ↑ http://www.vivecasten.se/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en sueco) (en inglés) (en alemán)