Vittorio Alfieri
Vittorio Alfieri | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Niccolò Vittorio Alfieri |
Nacemento | 16 de xaneiro de 1749, 17 de xaneiro de 1749 e 1749 |
Lugar de nacemento | Asti |
Falecemento | 8 de outubro de 1803 e 1803 |
Lugar de falecemento | Florencia |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Basílica da Santa Cruz |
Etnia | Pobo italiano |
Ocupación | dramaturgo, poeta, escritor, actor, tradutor, actor de teatro, filósofo, historiador da arte e aristócrata |
Coñecido por | Agamemnon, Antigone, Saul e Myrrha |
Na rede | |
http://www.fondazionealfieri.it | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Niccolò Vittorio Alfieri, nado en Asti o 16 de xaneiro de 1749 e finado en Florencia o 8 de outubro de 1803, foi un poeta e dramaturgo italiano fortemente influenciado pola cultura clásica e o espírito romántico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Perde a seu pai na súa infancia e continúa a residir coa súa nai e o seu novo marido ata que en 1758 entra na Academia militar de Turín, onde os nobres piemonteses eran tradicionalmente instruídos, no ano 1766 deixa a academia e principia unha longa viaxe por Europa, durante case dez anos viaxa por toda Italia, Francia, Inglaterra, Países Baixos, Suíza, Austria, Dinamarca e Rusia. Durante este período dedicouse tamén á lectura de autores como Dante Alighieri, Petrarca, Boccaccio, Maquiavelo, Ariosto e Tasso. Fascinado coa forma de se organizar da natureza e reticente con calquera forma de organización social.
En 1774 escribe a súa primeira traxedia Cleopatra, que se representou ao ano seguinte en Turín, con grande éxito. Entre 1776 e 1777 estrea dúas traxedias Filippo e Polinice e escribe Antigone (1776). En 1778 renuncia ao seu título nobiliario, deixa as súas propiedades á súa irmá e marcha a vivir á Toscana, illándose da sociedade contemporánea. Entre 1781 e 1783 reside en Roma, alí escribe Saul (1783) e Agamennone (1783) e pouco despois escribe Mirra (1784-1786).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Obras de Alfieri (en italiano)