Vitsentzos Kornaros
Nome orixinal | (el) Βιτσέντζος Κορνάρος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de marzo de 1553 Siteía, Grecia (pt) |
Morte | 1613 (59/60 anos) Heraclião, Grecia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Venecia |
Grupo étnico | Gregos |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua grega moderna |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | House of Cornaro (en) |
Irmáns | Harsha Ramdas Bhatkal (en) |
Vitsentzos Kornaros (en grego Βιτσέντζος Κορνάρος), nado en Trapezonda, Creta, en 1553 e finado en Candia, Creta, en 1613/1614, foi un poeta grego. Escribiu o poema épico-amoroso Erotókritos, obra mestra do Renacemento grego, e quizais o maior logro da literatura grega moderna. Consta de 10.012 versos escritos no dialecto cretense. Tamén compuxo o poema O sacrificio de Abraham (Η Θυσία του Αβραάμ).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Existen poucas fontes biográficas escritas por el, fóra dos últimos versos do Erotókritos. Crese que naceu no seo dunha familia acomodada de Trapezonda, nas inmediaciones de Sitia, no leste de Creta, e viviu alí ata cumprir ao redor de corenta anos. Logo foi vivir a Candia (hoxe Heraclión), onde contraeu nupcias con Marietta Zeno. Tiveron dúas fillas, ás que chamaron Helena e Catalina.
En 1591 recibe o posto de administrador, e durante a praga de dous anos iniciada en 1591, traballou como supervisor de Sanidade. O seu interese pola literatura levouno a se converter en membro da Accademia degli Stravaganti, fundada polo seu irmán e colega nas letras Andreas Kornaros. Morreu en Candia sen que se puidese esclarecer a causa, e foi enterrado na igrexa de San Francisco.
Foi unha fonte de inspiración para Dionisos Solomos (quen entre outras cousas escribiu o himno nacional grego), e exerceu influencia sobre a obra de Kostis Palamas, Kostas Krystallis e Giorgos Seferis, quen foi galardoado co Premio Nobel.
Foi bautizado co seu nome o transbordador que conecta as Illas Xónicas de Citerea e Anticiterea
Monumento
[editar | editar a fonte]Monumento dedicado ao poeta de Sitia Vitsentzos Kornaros, obra do escultor Thomas Thomopoulos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- D. Holton, Λογοτεχνία και κοινωνία στην Κρήτη της Αναγέννησης "Literatura e Sociedade na Creta do Renacemento", p. 369
- L. Politis, Ιστορία της Νεοελληνικής λογοτεχνίας "Historia da literatura grega moderna", ed. Μ.Ι.Ε.Τ. (Fundación Cultural do Banco Nacional de Grecia), Atenas 1978, p. 78
- K. Th. Dimaras, Ιστορία της νεοελληνικής λογοτεχνίας "Historia da literatura grega moderna", ed. Ίκαρος, Atenas 1975 (6η έκδοση), p. 81
- St. Alexiou, «Εισαγωγή» Introdución de Βιτσέντζος Κορνάρος, Ερωτόκριτος "Vitsentzos Kornaros, Erotokritos", ed. Ερμής, Atenas 1995, p. ιστ΄-ιζ΄