Virxilio Viéitez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Virxilio Viéitez Bértolo»)
Infotaula de personaVirxilio Viéitez
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Soutelo de Montes, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xullo de 2008 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Soutelo de Montes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Nicho de Virxilio Viéitez no cemiterio de Soutelo de Montes.

Virxilio Viéitez Bértolo, nado en Soutelo de Montes (Forcarei) o 23 de outubro de 1930 e finado no mesmo lugar o 15 de xullo de 2008[1], foi un fotógrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro emprego foi na construción ós dezaseis anos. Despois emigrou ós Pireneos[2], onde traballou como mecánico nun teleférico e adquiriu a súa primeira cámara. Tratábase dunha Kodak de caixón, formato 6x9. Emigrado a Cataluña, en Palamós coñeceu a Julio Pallí, de quen aprendeu o oficio da fotografía.

A continuación traballou como fotógrafo na Costa Brava, facendo retratos de turistas. No 1955 volveu a Galicia e pouco despois abriu un estudio fotográfico na súa vila natal. Deste modo tivo a oportunidade de retratar moitas xeracións de veciños da Terra de Montes de forma case anónima[3]. As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en eventos sociais como primeiras comuñóns, velorios ou bautizos, pero tamén actividades cotiás. En relación á súa técnica, a maioría das súas fotos son en branco e negro, pero na década de 1970 fixo algunhas en cor.

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Deixou a actividade fotográfica nos anos oitenta, pero na década de 1990 o seu traballo foi revalorizado, expoñendo na VIII edición da Fotobienal de Vigo en 1998, no MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición 150 anos de Fotografía en España (que estivo na Coruña e en Ourense), ou na mostra Al gust de Cartier-Bresson en Barcelona, ​Ámsterdan e Nova York[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Finou o fotógrafo Virxilio Viéitez, o mellor retratista da realidade dunha comarca", necrolóxica en Vieiros, 16 de xullo de 2008.
  2. "Cada día un fotógrafo: Virxilio Viéitez". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 07 de setembro de 2012. 
  3. López Mondéjar, P. (1999). Historia de la fotografía en España (4ª edición). Barcelona: Lunwerg editores. pp. 200-201. ISBN 8477826609.
  4. "Fallece Virxilio Viéitez, un fotógrafo genial" Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine., necrolóxica en Faro de Vigo, 17 de xullo de 2008 (consultado o 2 de outubro de 2009).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]