Saltar ao contido

Virus do Nilo Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virus do Nilo Occidental

Microfotografía do Virus do Nilo Occidental
Clasificación científica
Grupo: IV (Virus ARN monocatenario positivo)
Reino: Virus
Familia: Flaviviridae
Xénero: Flavivirus
Especie: West Nile virus
Distribución mundia do WNV.

O virus do Nilo Occidental, West Nile virus ou WNV, é un virus que provoca a febre do Nilo Occidental.

Características

[editar | editar a fonte]

Esta enfermidade é unha flavivirose orixinaria da África subsahariana que produce encefalite en equinos, aves e tamén en humanos. A doenza estendeuse desde 1937 polo resto de África, Oriente Medio, Asia Menor e Europa Oriental e, moi recentemente, por Extremo Oriente e Norteamérica, onde causa importantes mortandades en aves, especialmente en córvidos.


O virus crece e propágase dunha ave a outra a través de mosquitos infectados. Se os mosquitos infectados co virus pican aos cabalos ou aos humanos, o animal ou a persoa poden enfermar. Existen varias especies de culícidos que poden transmitir o virus. Unha das máis importantes é o Culex pipiens.

O WNV pode propagarse nalgunhas ocasións por outros medios. Por exemplo, pode transmitirse aos humanos durante as transfusións sanguíneas e transplantes de órganos provenientes de doadores infectados. Así mesmo, é posíbel que as mulleres embarazadas ou lactantes que estean infectadas poidan transmitir o virus aos seus bebés. Debido á súa improbabilidade e ao descoñecemento actual acerca deste risco e ao feito de que a lactación ten beneficios evidentes e perfectamente establecidos, non se recomenda que a naie deixe de aleitar ao seu fillo.

Os cabalos infectados con WNV non poden transmitir directamente a doenza aos humanos.

Non hai evidencia de que unha persoa poida infectarse co WNV tocando aves infectadas vivas ou mortas. Aínda así, debe terse precaución ao manexar animais mortos, incluíndo as aves. Se é necesario mover ou desfacerse dunha ave morta, cómpre usar luvas ou unha pá para movela e colocala dentro de dúas bolsas de plástico (unha dentro da outra).

Nos Estados Unidos, o WNV presentouse por primeira vez en Nova York durante o verán de 1999.
Desde entón, a enfermidade diseminouse ao longo da maior parte do territorio continental dos Estados Unidos. Non se sabe como entrou o WNV neste país; porén, este proceso ocorre de maneira natural en Europa, África e Asia desde polo menos a primeira metade do século XX.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.