Vilargondurfe, Vilaboa, A Pontenova
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilar.
| Vilargondurfe | |
|---|---|
| Parroquia | Vilaboa |
| Concello | A Pontenova |
| Coordenadas | 43°18′25″N 7°11′41″O / 43.306825534077, -7.1948231290869 |
| Poboación | 9 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Vilargondurfe é un lugar da parroquia de Vilaboa no concello lugués da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres)[1].
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Vilargondurfe ten dous elementos. Vilar (do latín Vīllarem, "da vila") fai referencia a un novo núcleo de poboación en relación cunha vila anterior, mentres que Gondurfe procede do xenitivo de Gundulfus, nome de posuidor de orixe xermánica.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilaboa
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia da Vilaboa no concello da Pontenova (Lugo) | |
|---|---|
|
Aldeguer | Fontangordo | Neipín | A Panturreira | San Paio | Vilaboa | Vilargondurfe | Vileimil Non aparecen no Nomenclátor de 2003: Arriba da Cova | As Barreiriñas | A Casanova | O Castro | O Cerdeiral | O Couso | A Ermida | Os Muíños | Soutelo |
Parroquias da Pontenova
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-11-11.
- ↑ Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega. p. 106-107. ISBN 978-84-17807-10-8.