Saltar ao contido

Vila Franca do Campo

Vila Franca do Campo
 Nome orixinal
    Vila Franca do Campo (pt) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Vila Franca do Campo (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1472 Editar o valor en Wikidata
 Día festivo
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   10.323 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   77,97 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal9680 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap7540356 Editar o valor en Wikidata
VIAF154672023 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/057h4r Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Correo
Facebook: CamaraMunicipalDeVilaFrancaDoCampo Youtube: UCMCrfImiTtu5qDfT0wDLnbQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Vila Franca do Campo é unha vila portuguesa na illa de São Miguel, Rexión Autónoma dos Azores, capital dun municipio con 78,00 km² de superficie e 11 229 habitantes (2011), subdividido en 6 freguesías. O concello limita polo norte con Ribeira Grande, ao leste con Povoação, ao oeste con Lagoa e ao sur co océano Atlántico.

Fronte a Vila Franca do Campo, a uns 1200 m do porto do Tagarete, está o illote de Vila Franca, un cono litoral de litoral de tufos palagoníticos fortemente litificados, que contén no seu interior unha caldeira inundada de forma case perfectamente circular. O illote é desde 1993 unha reserva natural, constituíndo tamén un importante lugar de veraneo.

Vila Franca do Campo foi, durante o primeiro século de poboamento, a máis importante localidade da illa, onde residía Gonçalo Vaz Botelho, o capitán do donatario, e as principais institucións oficiais, como a Alfándega e a Ouvidoria, de onde procede o epíteto de "primeira capital micaelense" que recibe a localidade. Foi elevada a vila en 1472, a segunda no arquipélago.Tiña xa hospital mesmo antes da fundación da Santa Casa da Misericordia de Lisboa (1498), por mor dunha disposición testamentaria de Isabel Gonçalves que, en 1483, legou os seus bens para a súa institución.

Na noite de 21 ao 22 de outubro de 1522, a vila sufriu un violento terremoto que causou un grande escorregamento de terras nas vertentes que dominan a vila, causando un lahar que soterrou a maior parte da localidade. Como consecuencia estímase que pereceron milleiros de persoas en toda a rexión Para reedificar a vila cortáronse as forestas do Val das Furnas, desaparecendo gran número de cedros que aí abundaban, para seren distribuídos gratuitamente ás famílias pobres na construción dos seus fogares.

Malia a destrución, Vila Franca mantivo importancia rexional ata o século XVIII, por tras de Ponta Delgada, ata que Ribeira Grande a suplantou.

En Vila Franca tiveron lugar algúns dos máis importantes eventos das loitas entre os partidarios de Antonio I de Portugal e de Filipe II de España, que culminaron na batalla naval de Vila Franca, que se desenvolveu no litoral sur da illa de São Miguel o 26 de xullo de 1582.

Despois da batalla, Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz de Mudela, desembarcou na vila, estabelecendo o seu cuartel xeral e enforcando uns 800 prisioneiros franceses e portugueses.

Freguesías

[editar | editar a fonte]
  • Água de Alto
  • Ponta Garça
  • Ribeira das Tainhas
  • Ribeira Seca
  • São Miguel
  • São Pedro

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]